• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


Gostame moito ista foto que me fixo Juan nun fantástico xardín que non vou nomear porque non está moi concorrido e por iso é tan fantástico. E gústanme moito os lugares sen xente, mais con árbores e pardais. Supoño que odio á xente coma concepto. Somos moreas. A ver, hai xente que amo, e creo que é moita, mais seguro que a quero porque comparto poucas cousas con iles. Se compartise o baño ou un espazo de traballo ou moito tempo de lecer ou só falásemos dos seus problemas e problemas e nada máis, supoño que rematariamos odiando a nós mesmos, ou polo menos ollandonos moi mal, porque eu aturo coa xente moi pouco tempo. O mesmo é porque traballo co público mais sen gostarme. Quizais a unha persoa En non queria destruir o teu castelo de area. Foi un acidente. Perdoame. O meu tio Luis, que é psiquiatra, está a estudar os efectos terapeuticos dos deportes nauticos. Nunca diria que a raiña de Holanda fose tan ancia. O meu amigo Xoan viviu en Suiza moitos anos e despois volveu a Galiza. A el doelle a miudo a cabeza por culpa do ruido que sempre hai na sua rua. Hai unha grande expectacion na sala onde se celebra o xuizo contra esa estrela do beisbol. Comer quisquilla con cuchillo amarillo sentados no arcén da carretera… antisocial coma min deberían prohibirlle traballar coa xente.

Non coma companheira, que, cos meus defectos, creo que son unha rapaza moi simpática e boa, porque tenho conciencia de clase e sobor todo quero a festa en paz, e tamén podo ser unha morea agradábel, aínda que por suposto, ponhendo coas minhas arengas políticas, sei que é complicado e é coma unha montanha rusa do ben e do mal condensada nun corpo moi pequeno. Digo que me prohibe traballar na sociedade en canto a tratar con persoas que son clientes, porque respiran e noto que están vivos e adoitan ser invasores e maleducados. Quizais logo os vexo por aí, xa non sendo clientes, senón sendo persoas, e ganhan un pouco en humanidade.

Por outra banda, tamén podo ser moi riquinha e moi agradábel. Creo que o son cando puiden estar só o maior tempo posibel. Gostame concentrarme pra estudar e ler, e despois ser o que te zoupe nas discusións sobor política porque me encanta falar de política. É realmente o único pra o que te necesito. É coma cando picache o naris e rabuñas, moléstache mais tamén faite ledo. A min gostame moito vestirme fatal e co meu cutreiro carro de mercar pola cidade adiante, un carro que non levo pra mercar nada, senón pra levar os patíns e non me pesen, e camiñar a outro lugar segredo que é coma mega- apocalíptico e moi poscapitalista, super antigo e, de feito, patinar soa, moi soa. A xente mírame coma olla ás persoas que levan carros mais non veñen de Eroski.

Iso faime unha morea de graza, aínda que non o fago pra provocar o teu racismo nen nada. Alí tes o racismo igual, eu ando co meu carriño ou non. Gostame baixar moito tempo aos cans cando deixo o traballo de manancinha e vou con eles e cos cascos pra publicar tesouros en Lixo e dar de comer a uns pobres gatos que viven en Marconi (e iso non me gusta que por ise motivo me rinhan en Monte Alto e me odie medio Monte Alto) ), porque relaxo e axudo a eses gatiños irmáns, desherdados da sociedade.

Gostanme os pardais e os xardíns de Méndez Núñez.
Gostame escoitar a radio e a vida moderna.
Gostame moito a música e tomar café na rúa.
Gostame entender o mundo no que vivo pra odiarte con fundamento social, política e económica.
Gostame que me deixen en paz.

Janita Ripley.

https://www.facebook.com/ellen.ripley.7334 

(Tradución ceive ao galego por Rubém Novo)