Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
VERBAS DE JANITA RIPLEY:
Contas de tuiter de representantas de partidos políticos progres locais “a se preocupar” e “denunciar” o caso Daniela; pero non durante a súa estancia nas rúas, non, senón unha vez que o caso está solventado e, sobre todo, publicado na Voz de Galicia.
Iso, de toda a vida, chámase ser carroñeir@s.

Comentarios

Efectivamente.
Triplemente inmorales.
??
Armada 🔻 on Twitter
TWITTER.COM
Armada 🔻 on Twitter

Armada 🔻 on Twitter

 

Jana, voume meter un pouco onde non me chaman, que nin é de ningunha das miñas organizacions nin teño especial cariño as súas, pero non me parece xusto tachala de carroñeira. Á marxe de siglas coas que obviamente non comulgo (igual que nin ti nin ela comulgades coas miñas) penso que persoalmente é unha compañeira válida e conprometida como para atacala así.
P.D: Non pretendo abrir debate, só é unha reflexión
Ola, Patri. Ti podes meterte onde queiras, porque o meu muro é público e todo o mundo pode debater.
Sei que hai certa tendencia nestes espacios parapolíticos de tomar a crítica política coma ataque persoal, e a infantilizar unha loita que nos atañe a todas e que moitas non queremos despolitizar. Sei que é un mantra que eu a ataco á persoa, e non á representante, motivo polo que eu recibo INFINIDADE de críticas que como con patacas porque son o resultado lóxico de me mollar tanto. E iso é unha simplificación bastante ofensiva e que deixa os nosos espacios femininistas e de Apoio Mutuo a unha altura de compromiso bastante lamentable. As cousas hai que afrontalas porque se non montamos un grupo de ganchillo, con todo o meu respeto e amor polos grupos de ganchillo.
Eu non teño un sinónimo máis axeitado a unha práctica demasiado común nestes espacios: sacar rédito político de loitas alleas resúmese nunha verba que é ser un carroñeiro. Ese partido en concreto, e a súa representante en particular, durante todo o proceso, que durou meses, e que todo o mundo que me rodea e quere sabe que foi duro, moi duro, e que supuxo un desgaste persoal e ata económico inmenso, non se postulou en ningún mometo nin se definíu públicamente nin botou unha man, nin se ofreceu absolutamente a nada nin se molestou en preguntar por privado nin nada de nada de ABOLUTAMENTE NADA.
Se sae o estómago agradecido de Fran Díaz,esbirro é pouco… Sobre a concelleira,persoalmente podo dicer que no tema Bono Taxi puxose as pilas. Ir polo persoal?So vexo que Fas unha crítica política sobor a actitude e eso que tan ben resulta ,cooptar o trabalho alheo sen ver os pliegues de carencias propios e burocráticos. Unha especie de “o concello son eu” absolutista .Non lle podo ó asesor…
E o que se me está a pedir é que cale e agoche a cabeza ante tamaña cara dura. Ó mellor prefírese que se lle chame Oportunismo, pero, na linguaxe coloquial, a verba máis axeitada para definir esa confucta, é o de beber de augas turbias, de ríos xa calmos trala tempestade, de se aproveitar de desgracias para trepar. En definitiva, reafírmome, de ter unha conducta política CARROÑEIRA. E, por suposto, coma sempre, neste tipo de respostas infantilizadoras, que non saben confrontar políticamente unha decisión ou unha crítica, eu sempre saio damnificada. Voan os pantallazos, as críticas por detrás, pero nada de cara (salvo honrosas excepcións; gracias, Patri). E así non hai debate nin hai nada. Eu conclúo, tanto tempo e ostias coma panes, abandonos, e traiciones recibidas neses espacios (ay, se eu tamén me victimizara, todo o que contaría…!) que non son espacios de loita dende o momento en que o colectivo utilízase para o persoal e, aínda por riba, insístese en tapar os abusos que mancillan o feminismo e a loita social. Comigo non contedes. Síntoo, Patri, máis ostias levei eu e choro na miña puta casa.
Janita Ripley

eu so podo dicir q ti pra min es un exemplo de empatía, xenerosidade e traballo polas demáis

Janita Ripley

Gracias, Cris.
Serás por isto criticada e valoro o teu posicionamento coma merece, con infinito agradecemento, porque sei o que che vai supoñer.
Gracias, amiga 💜
Janita Ripley

Por causas e cousas así eu tb quero que me critiquen. Veña, q xa somos tres!!

Rocío Gómez
Gracias, linda 💖💜
    • So poño en valor quen es ti e todo o de Daniela pq estiven o tanto gracias a ti. Descansa, rula. Un aperta grande

      Janita Ripley

      Cristina Bajo
      Gracias 💜💜💜💜💜💜
      Ningún ser humano merece que un concello le deje dormir en la calle. Yo nunca le he visto maltratar al perro, pero, de ser así, tenemos ciertas herramientas.
      Por otra parte yo, en su situación, también sería conflictiva, sin lugar a dudas.
      Progues de boquilla… en fin..

       

      • Janita Ripley

        Ningún ser humano merece que un concello le deje dormir en la calle. Yo nunca le he visto maltratar al perro, pero, de ser así, tenemos ciertas herramientas.
        Por otra parte yo, en su situación, también sería conflictiva, sin lugar a dudas.
        Progues de boquilla… en fin…
        Si Daniela es la chica que yo pienso no necesita ayuda,sus padres viven en la calle de la estrella,cuando yo trabajaba allí vivía con ellos,es conflictiva,yo misma estuve a punto de quitarle al perro por maltrato
        Ningún ser humano merece que un concello le deje dormir en la calle. Yo nunca le he visto maltratar al perro, pero, de ser así, tenemos ciertas herramientas.
        Por otra parte yo, en su situación, también sería conflictiva, sin lugar a dudas.
      Yo he seguido este caso muy de cerca desde hace muchos meses. Desde luego, si tuviese opción de dormir en la Estrella, no hubiera dormidos dos meses en la parada del Africano.
      Por lo demás, no sé dónde viven ni quiénes son sus padres.
      Respecto al tema perro, si no lo quisiera, podría haber estado cubierta por SS desde hace mucho más tiempo. Supongo que si a muchos nos pusieran una cámara en casa (lo equivalente a vivir expuesta constantemente en la calle) habría muchas más denuncias por maltrato de las que ya hay.
      No estoy diciendo que Daniela sea santa. Estoy diciendo que hasta un no-santo está cubierto por los DDHH, o debería estarlo.
      Janita Ripley

      ella era conflictiva incluso con sus padres,nadie merece estar en la calle pero unos merecen más ayuda que otros

      Necane Chousa
      Entiendo lo que quieres decir, pero disiento y hasta me duele un poco

      Aurora Castro Mariño

      A ver si ven o que pasa na calle da torre con ese señor que está tirado na rua desde hace mais de dos anos que e vergonza de todos los políticos y organismos verguenzaaaa
      A min non me parece xusto que se lance un ataque así por unha muller que, á marxe de onde esté no sistema de partidos creo que ten bastante compromiso político e persoal. Que se fale dela neses termos por facer un chío na súa conta persoal na que recibe respostas bastante vergoñentas de responsbales políticos que afectan moito mais ás vidas de veciñas me parece que nos leva ao sinalamento de compañeiras, coas que parece haber mais resentimento persoal que análise política.
      E me jode ter que xustificar ou defender unha acción que fai libremente unha compañeira para tentar xustificar que me parece desproporcionadamente violento este post. As análises desde a pureza me xeneran moita desafección, sintoo.
      O do resentimento persoal é ofensivo e desfai todo o teu razoamento. Estou cansa desa mentira. Cando se che acusou de escribir en Nonmepises….acerca do tema de Coruña Educa e se che acusou de revanchismo, eu defendín que, nin era xusto nin invalidaba o argumentario.
      Tamén o sinto eu. Porque eu non entrei na conta desta persoa a buscar nada porque non estou interesada, senón que foi ela mesma a que, coma ben saberás, o compartiu nun grupo que tentamos manter á marxe de partidismos, coma ben saberás pq estás nel.
      eu non lle vexo nada malo ao chío
      Por moito que che honre coma amiga o teu comentario, sabes ben que o meu argumentario non é ad hominem. Ti mesma acabas de ser protagonista dunha polémica similar en certos aspectos. Asômbrame que agora te posiciones en contra do que ti mesma predicas.
      Janita Ripley

      ein?

      • E non quero seguir co tema da comprensión lectora. Quen saiba ler, comprenderá o que estou a dicir  perfectamente
        • eu non predico nada compañeira, pero sen dúbida creo que hai un problema e que hai tanta xente aplaudindo coas orellas mentras nos centramos en sinalamentos individuais… veña, boa tarde, pecho o chiringuito por hoxe.
          Eu non adico a este tipo de publicacións máis do 0,1% do meu tempo. O meu activismo é outro moi diferente, e penso que non teño que dar explicacións acerca diso.
          Vouno explicar por enésima vez. A muller da que falamos pode ter moitas virtudes que eu non poño en dúbida. Pero a súa actitude política ten sido, neste tema, moi criticable. E créeme que se alguén pode críticar isto neste caso son eu, por coñecemento pleno de causa acerca de quén fixo qué en qué momento e quén quixo subirse ó tren unha vez chegado á estación e Publicitado (este é o quid da cuestión).
          Por outra banda. Saír en fotos, portar pancartas, erixirse en portavoz de algo, en fin, ejercer de representante política, ten un custo que hai que asumir (coma ti saber perfectísimamente, millor que ninguén, Rocío). Porque por detrás das persoas que portan faixas hai persoas de verdade con problemas de verdade que non somos vasallas, senón cidadás con inquedanzas políticas que nos achegamos a eses espacios con ilusión para que despois se pervirtan así.
          Por certo! A que suscribe tamén é persoa! Ten sentimentos e sofre. Por se alguén non se decatara, e tal.
          Por último, e xa paro, Rocío, perdoa, porque son moi vehemente (pq digo as cousas dende o corazón)… O de análises dende a pureza.
          Gostaríame que me aclarases a frase. Pureza de qué? En qué sentido? Porque se é posicionarme públicamente en contra da ocupación interesada de espacios sociais, ¿pode neses espacios existir algo non puro pero que sega a ser activismo? Eu, síntoo, dúbidoo.
          E xa non entendo nada, despois disto. Penso que temos unha idea mooooooooooi diferente do que é ser activista.
          Gracias polas aportacións.
          Bueno pois vouno explicar ben para non dar lugar a malentendidos ou dúbidas. No Grupo de Apoio Mutuo Coruña Norte, que é o GAM -penso que con máis membros de toda a cidade-, e onde se axuda desinteresadamente ós veciños en risco ou con problemas, espacio que, entre tod@s, acordamos manter nun ton apartidista, levaba eu meses a prantexar o tema Daniela.
          Durante todo ese tempo ben claro teño quén axudou e quén non porque, simplemente, eu estaba aí. Estaba aí todo o rato.
          Coma xa comentei por aquí, publiquei cando SS arranxouno coma o arranxou, e asimesmo fixen participes ós compañeiros dos GAM, e dende o que unha compañeira me falou por privado para me preguntar polo tema e publicar un artigo na Voz De Galicia. Aquí, o tema comeza a ser máis jugoso.
          A sorpresa é que, trala publicación do artigo, unha membro dos Gam, á sazón rostro público dun partido local, e que nunca se interesara polo tema, lanza no chat común dos Gam, a publicación, na súa conta persoal, vencellada ó seu partido, no que ten intereses coma candidata e outras cousas, dun enlace ó seu Twitter interpelando á actual responsable de SS polo tema Daniela e o mal facer do Concello.
          Tiven a elegancia para lle contestar que os Gam non eran espacio para lanzar mensaxes partidistas e oportunistas.
          Do respeto que ese espacio, e os meus compañeiros, me merecen, a cómo trato o tema dende a miña conta persoal hai un mundo. Moi criticable, pero un mundo. E non vencellable a ningún mito de manía persecutoria por alguén que non entra no meu círculo de confianza.
          Penso que moitos compañeiros do Gam que sei andan por aquí non me deixarán mentir.
          E isto, señor@s, é o que pasou e así o quixen denunciar