• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


RISCO1

Aínda teño o corpiño a tremer despois da espectacular, marabillosa, única, colectiva, abraiante e inmerecida sorpresa que levei onte nese lugar único, cheo de esencia como un perfume dos caros e que veñen de sitios distinguidos, como outros moitos que hai polo pais adiante e que o converten nun grande coma un mundo, que é a Eira da Xoana, conxunto material e inmaterial, histórico e artístico, humano, e polo tanto animal, de calidade, de cualidade e de valor incalculábel! Aqui todo se conserva e faise imperecedoiro! O meu primeiro entroido lupercal, entroido ancestral, e ao son do oubeo das lobas, tremenda sinfónica de flipante e incontinente bravura, fun nomeada raiña Lupa! Quen contaba? que honra, orgullo (agardo que non me suba a graduación a fachenda), sorte, agasallo de valor incalculábel! Non merezo título tan alto, mais reciboo petándome o corazón no peito como se fose sair del! Raiña anual dunha República como a da Eira da Xoana? Flipo, sodes moito xoanesas e xaoaneses, e agardo cumplir como é debido coas miñas obrigas de raiña, espallar o voso espíritu de lupercais para, se ten que ser paseniño para non mancarnos faremos por coller o ritmo, seguir sachando, trasmallando, rozando, sementando, cultivando, construindo pais!! Agora tomarei precaucións non me vexa metida en leas dinásticas!! Viva a República da Eira da Xoana! Vivan as lupercais! Vivan as xoanesas e xoaneses! Longa vida a esta República de liberdade, de rebeldía, de liberación, de ecoloxía! Viva a terra e medre o mar!!!! Auuuuuuuuu!!!! Auuuuuuuuuuu!!!!! AUUUUUUUUUUUUUUUUUUU!!!!!! (bis)

risco2