Hoxe hai moito que celebrar, hai 100 anos naceu na Corunha, na rúa Panadeiras, María Casares, tremendo aniversario, fortuna inmensa que agroma do pais, e dun clan de mulleres bravas, valentes e afoutas! Así que que mellor día para convidar a que o Teatro Colón tenha un nome senlleiro e, en irmanamento co Teatro Rosalía, pase a ser #TeatroMaríaCasares!
Ademais o Alexandre Boveda, convídavos ás 19:30 a gozar coa peza de teatro lido, Querida Vitola, a cargo do grupo de teatro da Biblioteca da Sagrada Familia!
Hoxe estamos de festa, festa rachada, celebramos que temos a forza imparábel das mulleres que nunca tiveron nin tenhen medo, temos fame!