71113330_10158819356841102_5140086992926670848_o

ISABEL RISCO: Grande, poderosa e brava, coma a forza da natureza que é.

Publicado el 18 abril, 2020 | Opinión

11151028_824653534256873_2936907297960174396_n

O 7 de abril foi o cumpreanos da incribel Isabel Risco, e coma non podia ser doutra maneira, a Forza da Natureza que e ista muller xa ista nunha morea de proxectos, A FORZA esta con ela.

Verbas de Isabel Risco: eiquí non vale parar, ghasssssss!!!!! a tope.

Ben sei que xa pasaou tempo, unha semana e un día, mais o confinamento fai que a dimensión temporal tenha un aquel amarmotado, agás para quen ten que lle facer fronte a diario aí fora á situación co seu traballo de valor incalculábel e de admiración infinita, mais non queria deixar de agradecervos o voso espectacular agarimo ao acordarvos de min o día do meu aniversario e, malia que confinada, formando parte dese colectivo humano que somos nesta tempada distópica, fixéchedes que fose especial, demostrando unha outrsa vez que somos nós, a xente, o pobo, quen nos temos unhas a outros, outras a unhas e no resto das direccións posibeis! Aproveito para facer unha homenaxe a todas esas persoas que demostran precisamente iso todos os días tendo que ir traballar, ou malia que o fagan na casa, heroinas e heroes do común, anónimas, pobo traballador, que facedes posíbel co voso esforzo, valentía e bravura, que esta situación sexa moito máis levadeira, sodes unhas máquinas que ningunha enxenhería será capaz de mellorar, un exemplo, un orgullo! Como tamén o é o o noso pais, ademais de por odas e todos vos, porque somos un pais rico, cheo de recursos e posibilidades, autosuficiente e fermoso no líquido e no sólido, no mar e na terra, só queda que nolo creamos un chisquinho máis! Este bicho non ha poder con nós, pensade que fomos capaces mesmo de facernos autoinmunes, co noso organismo, á mesmísima toxina do marisco, mais non ha poder con nós porque todo iso e todas vos sodes tamén a vacina, o antídoto para combatelo! Sodes as boas e xenerosos! Aqui vos deixo esta #VarandaViva como agradecemento pola vosa xenerosidade, agarimo e afecto! E preparádevos para cando saiamos imos facer festa rachada, que tamén niso somos potencia! Bicos a go go e apertas bravas, poderosas, fortes e salitrosas!

PREME NA LIGAZÓM.

https://www.facebook.com/isabel.risco/videos/10159628004576102/

Cámara e foto: Maribel Valdivieso Varela, Maribel Valdivieso
Axudante de produción e de direción: Victoria Martínez-Risco Alonso
Producións: Vecinhanza Confinada & Varanda Viva

91809270_1557079711122672_8351649303906746368_n

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

91282546_1557084001122243_7522749971880214528_n

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Verbas de Isabel Risco:

Se vos fixades na foto hai máis reconmendacións, se vos parecen ben, neste caso de filmes! Agardamos que vos gusten, e nestes días sacaremos máis! Obrigada a Comunicación Culturactiva pola iniciativa! Forza e ánimo, de aqui a nada vémolas, lémolas e escoitámolas todas e todos xuntos! Ferrados de bicos e fanegas de apertas bravas e salitrosas!
Culturactiva S. Coop. Galega

Verbas Culturactiva S. Coop, Galega:

Ficamos na casa, pero activas!! 🙆🏻‍♀️

Queremos compartir con vós máis recomendacións de artistas para gozar da cultura, descubrila e reivindicala durante este confinamento!

Hoxe con Isabel Risco🎭, que nos escribiu cargada de ideas fermosas!! Aquí deixamos algunhas, non as perdades:

📚 “Sempre en Galiza” de Castelao, agora máis que nunca xa que non nos podemos nin mover da casa, o noso manual de supervivencia!

🎬 Propoño cinema clásico, pois o cinema tamén está confinado e sempre está ben rescatar os clásicos: «O Colecionista», filme británico de William Wyler e «Fahrenheit 451» de François Truffaut.

🎶 «Odgens’ Nut Gonne Flake» de The Small Faces, un dos mellores discos da música moderna: na cara A ningunha canción ten desperdicio, mesmo as letras, mais mergullarse na cara B xa é unha experiencia sensorial!

#euficoACTIVAnacasa#euquedonacasa#euficonacasa#quedanacasa#cultura#engalego

safe_image

 

 

 

 

 

 

 

 

VARANDA VIVA.

Apoia o manifesto “Varanda Viva”

A falta de prazas e de rúas, hoxe temos varandas e xanelas. Temos mans, voces e cazolas. Temos ganas de cantar e de berrar. De esconxurarmos as incertezas e de recuperarmos o ritmo das nosas vidas. Non, esta pandemia non vai poder connosco. Non vai poder, a pesar dos gobernantes que en Madrid nos ignoran e dan paus de cego ante a crise sanitaria e social aberta. Non vai poder connosco esta pandemia, a pesar dos nosos gobernantes na Xunta, que lavan as mans ante a situación, abdicando das súas responsabilidades como goberno de Galiza.

Máis que nunca, nós confiamos na sanidade pública. Nas mulleres e homes que a fan posíbel, tras tantos anos de recortes e de ataques indiscriminados. Anos de orzamentos minguados, de situar baixo mínimos os medios humanos e as dotacións materiais. Anos de favorecer procesos de desmantelamento e privatización, que hoxe se revelan cruamente errados.

Máis que nunca, confiamos en todas aquelas persoas que desafían cada día a ameaza da pandemia para saíren a traballar. Persoas que traballan nos servizos básicos esenciais (alimentarios, de transporte, etc.) e que fan que o noso confinamento na casa sexa posíbel. Sen elas, sen todas esas persoas, ningunha decisión gobernamental, ningún Real Decreto, podería garantir a nosa seguranza, a nosa manutención e os coidados que precisamos.

Somos un pobo que sempre se soubo erguer fronte ás adversidades. Un pobo cheo de feridas e de cicatrices, mais un pobo que non se dobrega nin desfalece. Máis que nunca, confiamos nas nosas propias forzas. Para preservamos o dereito á nosa saúde ameazada. O dereito ao traballo que agora vemos perigar. O dereito á vivenda e todos os dereitos civís hoxe certamente en suspenso.

Máis que nunca, confiamos en nós mesmas, en nós mesmos. Fronte á pandemia que nos axexa aí fóra. Fronte aos gobernos, de Madrid e da Xunta, que sementan dúbidas e fan gala de improvisación e incompetencia. Fronte ao medo que poidamos sentir. Confiamos en nós mesmas, en nós mesmos. E a falta de prazas e de rúas, hoxe temos varandas e xanelas.

Manifesto Varanda Viva

Verbas de Isabel Risco: 

Porque só o pobo salva ao pobo! Varanda Viva nace como unha rede que tecemos entre todas e todos para facerlle fronte a crise que xorde ao espellarse o Covid/19. Un muro, un tabique, un prototipo de vacina social para combater desde nós, de xeito autorganizado, unha pandemia, unha bichería, que non imos premitir que nós debilite! Súmate a rede de aopois Vranda Viva, fagamos fronte a esta crise como ben sabemos as galegas, coa loita e o traballo, co espíritu combativo, alegre e colectivo que nos caracteriza!

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *