Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
VERBAS DE ISABEL RISCO.
Fiquei de súpeto, coa forza do instantáneo, remexida, rara, espesa e mesta, mesmo conxelada, como cantan os Superfurry Animals ao principiar Zoom! Foi como se a súa enerxía positiva e alfúfara, que ficará sempre presente, quixera que o soubera! Esta marcha interestelar, que intento non sexa coartada, non me permitiu sabelo ata hai menos dunha hora, cando xa pasara máis dun día. Algo sentía, nada bo, unha descarga de electrodos, e na percura de información sen aparente conexión, nesta rede ciberespacial, que tanto apreciaba e tan bo uso lle daba, algo que tamén ficará, como outras millentas de cousas prodixiosas do seu legado; premín, como se algo que non poidese controlar ou fixar por min, para conhecer a triste nova! Non alcanzo a entender e aínda é cedo para aceptar! Malia todo o seu traballo, a súa esencia, o seu todo fica, ficará e sempre estará!

Maio do 2006, Poio, concerto dos Super Furry Animals; só tres persoas, Miguel, Chapu e eu tinhamos a reserva, xestionada polo máximo druida dos disco nesta punta do Eixo Atlántico, Jaime de Portobello, dos vinilos da nosa banda galesa preferida!

Sigo sen crelo
Repica na minha mente
un sorriso imperecedoiro
unha gargallada formidábel
Persiste o teu selo
de alegría constante
de empatía sobraceira
e de amabilidade incaculábel!

Byddwch bob amser yn bresennol! (lingua galesa).

Sempre ficarás presente!