Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

RISCO1

Isabel Risco

RIWCO2

Dina Montero: Unha estrela do cinema mudo. A gran descoñecida. Secundina Montero Muiño nace en Esteiro, Cedeira, o 10 de agosto de 1907, seu pai, un militar de Ourense, abandona a súa nai antes de dar a luz cando esta tiña tan só 20 anos. Dina Montero pasa a súa infancia en Sisalde, Cedeira, ate que, e xa nos anos 20, e despois dunha breve estancia en Ferrol, nai e filla trasládanse a Madrid onde a primeira atopa traballo nunha pensión para estudantes. En Madrid Dina Montero coñece ao escultor Adolfo Aznar que no 1928 empeza a súa carreira como cineasta converténdose, Dina Montero, na protagonista da súa primeira película, un melodrama titulado Colorín que se estrea nesta cidade o 13 de marzo de 1929. Neste mesmo ano rodan o segundo filme do cineasta, Gloria, tamén protagonizado por Dina. Durante este anoe o seguinte tamén traballa noutras duas produción cinematográficas. As revistas madrileñas comezan a escribir sobre ela como unha nova estrela do cinema. Ao ano seguinte Dina Montero e Adolfo Aznar deciden casar, mais a nai desta oponse á unión. Mentres el prosigue a súa carreira cinematográfica ate que, e a causa do réxime franquista, obrigano a abandonar a súa profesión polas súa adscripción política, Dina acaba casando co director do Banco Hispano Americano, Orencio Martínez Tabernero, orixinario de Guadalajara, no ano 1936, pouco antes da sublevación fascista. Este é o inicio dunha vida triste marcada pola violencia machista que exerceu o seu home contra ela. Orencio, un home extremadamente ciumento e rañas, reclúea e aillaa no gran piso no que viven en Madrid, situación que se interrompe só momentáneamente para vir de visita estival a Galiza. A violencia exercida por este home chega a límites insospeitados, prohíbelle falar galego, tendo q falalo ás súas costas, intentando así retraer as súa orixe galega e polo tanto a súa identidade, manda destruir as copias orixinais das súas películas, e incluso convértese no principal sospeitoso do incendio do vello cine de Cedeira no 1940, onde se gardaban as copias orixinais dos filmes nos que participara Dina. Á morte do seu home, no ano 2000, Dina, con problemas de saude, acaba os seus dias nunha residencia e morre con 97 anos. Como último desexo pide que as súas cinzas sexan esparexidas pola ria de Cedeira, Elena Romero, amiga da infancia, encárgase de facelo, nun lugar non moi lonxe de Santo André de Teixido, no Cabo do Mundo: a porta de entrada das almas cara o máis alá. Un día, unha muller!

https://www.facebook.com/isabel.risco