Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

risco4

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Isabel Risco

Feliz Día do Libro para todas e todos, coa música e o resto das arte-sanías, o único que nos libera do confinamento e de moitos virus!

Se vos parece ben aqui vos deixo, para celebralo, unhas recomendacións:

Por unha banda o Sempre en Galiza de Castelao (na lámina pendurada da parede), agora máis que nunca xa que non nos podemos nin mover da casa, biblia das galegas e galegos, o noso manual de supervivencia, un imprescindíbel, sempre un referente! E logo unha pequena selección, nas mans Nunha pensión alemá, edición de Irmás Cartoné, da escritora neozelandesa Katherine Mansfield, é unha colección de historias curtas, en total 13, publicada en 1911. E sobre a mesa, en capa azul, é unha compilación, Bah! O mellor de P.G. Wodehouse, que saiu ao prelo para conmemorar o 25 aniversario da morte deste prolífico escritor inglés, con introdución do actor inglés Stephen Fry, e con relatos que non se publicaran antes. P.G. Wodehouse era un dos mellores humoristas do século XX e hai unha chea de asociacións adicadas a súa obra e memoria. E para rematar Cans de Carlos Meixide, recomendábel comezar por Ons, pasar por Cans polo medio e rematar por Guitiriz, tomando unha boa torta de millo regada con licor café, para así seguir as aventuras dos Cinco de Ons! Moi, moi recomendabeis estas tres autoeditadas polo propio autor!

risco3
María Solar fixo o fermoso traballo de recoller un fito histórico da medicina mundial que a día de hoxe é trending topic, Os nenos da varíola, premonitorio e a constatacións de que todo é cíclico ou cando menos petroglífico! A salvación e a cura á enfermidade que máis persoas matou no mundo, saiu de A Corunha, convertendo en heores a 22 nenos (de Coruña e Santiago de Compostela e tres de Madrid) e en heroina a unha muller galega, Isabel Zendal, de Ordes, a primeira muller enfermeira en misión internacional según a OMS, aproveito aqui para reivindicar a súa memoria e que ben podían levar o seu nome millentas operacións e dispositivos sanitarios como os que hai hoxe!  É un orgullo, unha sorte e un privilexio infinito poder participar na montaxe teatral de Pérez&Fernández

risco2