Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

ISABEL RISCO.

ACTRIZ [substantivo]:

  • Persoa que executa ou realiza un acto.

  • Persoa que desempeña un papel nunha obra teatral ou cinematográfica.

  • [por extensión]Persoa con gran capacidade para finxir.

  • CURRICULUM


    Referencias

    Actriz, clown e pedagoga teatral. Comeza a súa andaina en grupos de teatro universitario da Coruña, na escola Casahamlet e asistindo a cursos monográficos con mestres como Eric de Bont, Jango Edwars, John Wright, Leo Bassi, Serg e Nail, Kirko Koski, Alfredo Rodríguez, Tom Greder, Claudia Contín, Angel Burgos, Sophie Gazel, Carlo Colombaioni, Pablo Muñoz, Johns Pappila, Manuel Lourenzo, Carlo Bosso, etc..

    Formación

    Dende o ano 2000 participa en espectáculos profesionais nas compañías Ibuprofeno Teatro, Espello Cóncavo, Os sete magníficos máis un, Manicómicos e Produccións Desaqueloutradas, coas que ten participado nalgúns dos festivais de teatro e clown máis importantes da península, e na compañía Maquinaria Pesada, con espectáculos de producción propia como As Vingadoras ou Nabiza Girl & Unha Viaxe EspaZial. Dende o ano 2001 forma parte da compañía Trinketrinke teatro, especializada en teatro infantil e dinamización á lectura. No 2005 gradúase en Pedagoxía Teatral na Universidade da Coruña, aínda que vén desenvolvendo a actividade de monitora de teatro en colexios dende o 2001.

    Experiencia

    No ámbito do audiovisual, traballa como actriz secundaria e protagonista en series como Padres Casares, A vida por diante , O Nordés, Air Galicia, Era Visto!!, A Casa da Conexa, Os Caseiros ou Casa Manola, e outros programas da TVG como O Show dos Tonechos, En Pé de Festa, Zapping Comando, Máxima Audiencia, Luar, A Solaina, BumBumBumeran, Heicho Cantar, Land Rober, Tourilandia, Land Rober Tunai Show, etc; ademais de realizar curtas, publicidade e algunha longamentraxe, como Os mortos van de présa, Onde está a felicidade??, 9 Ondas ou Pelegrinaxes

    Recoñecemento

    Na XII Edición dos Premios do audiovisual galego recibe o Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina de reparto polo personaxe de Dona Hortensia en Era Visto! Producida por Zopilotes para TVG. Na 26 edición do Festival de Teatro Galego do Carballiño, setembro de 2015, recibe o premio á mellor actriz polo seu papel en O Furancho de Ibuprofeno Teatro.

    Traballos Recentes

    Nabiza Girl é unha superheroína galega e por accidente. Os seus superpoderes déullelos a casualidade e a vída de traballo no campo e nas leiras e predios. Iso unido ao seu caracter algo bravo, aínda que hai cousas que lle poden chegar a derreter o corazón, fanlle traballar sen acougo na persecuión do mal. Pero ela ten unha vísíón moi particular do mal, ten a súa propia fllosofía da maldade, e sabe focalizalo con rapidez e sen dubidalo. Nabíza Girl. Convida á súa sobriña a subír ao escenarío, non ten moi boa consíderación dela, xa que coma todos e todas as adolescentes, está algo aparvada.

    http://isabelrisco.eu/dossier/Nabiza%20Girl-UnhaViaxeEspaZial.pdf

    Falar sen Cancelas

     

    Hai xente que fala por falar. Outros falan polos cóbados. Algúns falan os sete falares. E non son poucos os que falan do xato e se esquecen do trato. Porque prefiren falar dos biosbardos, das nubes ou do sexo dos anxos antes que ir ao conto. Soltar unhas parrafadas -mesturando o allo co bugallo e sen querer quitarlle lobos ao asunto- é unha arte que, se se manexa ben, dá xenio escoitar. En definitiva, que o falar non ten cancelas, sobre todo nun lugar en que cada palabra conta, ás veces por dous, no que o duplo significado abrolla en cada xiro da lingua e a retranca fai rimar humor con historia cada vez que alguén abre a boca.

    Culturactiva SCG produce deste xeito un espectáculo con tres cómicos excepcionais, coñecidos polo público e respectados pola profesión, como son Pedro Brandariz, Fran Rei e Isabel Risco, que se estreou con grande éxito no FIOT de Carballo 2015.

    http://isabelrisco.eu/dossier/Dossier_falar_sen_cancelas.pdf

    O Furancho (Ibuprofeno Teatro)

     

    Un espazo cargado de AGROGLAMOUR no que se fusiona o”trendie” coa máis pura tradición, como os zocos e o pololo. Cada un dos detalles é parte dun todo harmónico configurado a partir de estilismos minimalistas e cálidos que sintetizan o pasado co presente, o rural co cosmopolita, o loureiro coas novas tecnoloxías.

    Dúas mulleres fortes, con carácter e desbordante personalidade, que definen á perfección a esencia enerxética e desvergonzada das pallasas: dúas iconas femininas que foron, son e serán referentes de beleza universais e fonte de inspiración para todas esas loitadoras que son quen de poñer o mundo patas arriba para lograr que os seus soños se fagan realidade.

    http://isabelrisco.eu/dossier/Dossier_O_Furancho.pdf

    Nabiza Girl e Unha Viaxe Espazial

    Nabiza Girl: Unha superheroína galega e da terra, porque está moi unida a ela físicamente. Traballa sen acougo na persecución do mal, aínda que ten a súa propia filosofía da maldade. Convida á súa sobriña a subir ao escenario, pero non ten moi boa consideración dela, xa que está algo aparvada. Esta rapaza da Coruña ven de reatízar Unha Viaxe EspaZial, acaba de chegar de percorrer outras galaxias na tripulación da nave da AEK (Axencia Espazial Koruñenta) é por íso, entre outras cousas, que non sabe moi ben onde está. Axíña colle confíanza e non só conta as súas experiencias, tamén da clases de koruño, a súa peculiar linguaxe. Pero algo que bebe, faille sufrir unha transformación.

    http://isabelrisco.eu/dossier/Nabiza%20Girl-UnhaViaxeEspaZial.pdf

    Arturadas

     O famoso e coñecido rei Artur disponse a iniciar unha das súas moitas aventuras, sabendo que os seus fieis cabaleiros e toda a súa corte, coa raiña Xenebra a fronte, sempre o acompañán, mais algo inesperado acontece, despois dunha extraña conversa cun vixiante da torre dun castelo veciño, o rei Artur atópase con alguén con quen non contaba, a súa irmá, a misteriosa Morgana, que se cadra lle descubre cousas coas que nin imaxinaba! Que pasará co noso protagonista? que lle ten preparado a súa irmá?Todo iso e algo máis en: ARTURADAS!!

    http://isabelrisco.eu/dossier/Dossier_Arturadas.pdf

    En Babia

    EN BABIA é unha comedia teatral orixinal de Jacobo Paz, ambientada nunha imaxinaria vila de Galicia, que recrea a vida cotiá dos seus habitantes a través de situacións que amosan as súas debilidades e conductas, moi próximas á realidade actual. Todos os personaxes están interpretados por Isabel Risco e Fernando Morán, actores ben coñecidos polo público debido aos seus numerosos traballos tanto na escena, como nos diferentes medios audiovisuais de Galicia. Eles serán os responsabeis de representar aos diferentes estereotipos cos que identificarnos, e rir de nos mesmos. O espectáculo ten unha duración aproximada dunha hora, ainda que parece menos, porque cando un o pasa ben, o tempo pasa voando.

    http://isabelrisco.eu/dossier/Dossier_En%20Babia.pdf

    FACEBOOK

    https://www.facebook.com/isabel.risco

    WEB.

    http://isabelrisco.eu/

    SOBRE MIN

    ISABEL RISCO

    Actriz, clown e pedagoga teatral.

    Comeza a súa andaina en grupos de teatro universitario da Coruña, na escola Casahamlet e asistindo a cursos monográficos con mestres como Eric de Bont, Jango Edwars, John Wright, Leo Bassi, Serg e Nail, Kirko Koski, Alfredo Rodríguez, Tom Greder, Claudia Contín, Angel Burgos, Sophie Gazel, Carlo Colombaioni, Pablo Muñoz, Johns Pappila, Manuel Lourenzo, Carlo Bosso, etc..

    Dende o ano 2000 participa en espectáculos profesionais nas compañías Ibuprofeno Teatro, Espello Cóncavo, Os sete magníficos máis un, Manicómicos e Produccións Desaqueloutradas, coas que ten participado nalgúns dos festivais de teatro e clown máis importantes da península, e na compañía Maquinaria Pesada, con espectáculos de producción propia como As Vingadoras ou Nabiza Girl & Unha Viaxe EspaZial. Dende o ano 2001 forma parte da compañía Trinketrinke teatro, especializada en teatro infantil e dinamización á lectura.

    No 2005 gradúase en Pedagoxía Teatral na Universidade da Coruña, aínda que exerce de monitora de teatro en colexios dende o 2001. No audiovisual, traballa como actriz en series como Padres Casares, A vida por diante , O Nordés, Air Galicia, Era Visto!!, A Casa da Conexa, Os Caseiros ou Casa Manola, e outros programas da TVG como O Show dos Tonechos, En Pé de Festa, Zapping Comando, Máxima Audiencia, Luar, A Solaina, BumBumBumeran, Heicho Cantar, Land Rober, Tourilandia, Land Rober Tunai Show, etc; ademais de realizar curtas, publicidade e longamentraxes, como Os mortos van de présa, Onde está a felicidade??,9 Ondas ou Pelegrinaxes

    Na XII Edición dos Premios do audiovisual galego recibe o Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina de reparto polo personaxe de Dona Hortensia en Era Visto! Producida por Zopilotes para TVG. Na 26 edición do Festival de Teatro Galego do Carballiño, setembro de 2015, recibe o premio á mellor actriz polo seu papel en O Furancho de Ibuprofeno Teatro.

    ISABEL RISCO Actriz, clown e pedagoga teatral.

    Comeza a súa andaina en grupos de teatro universitario da Coruña, na escola Casahamlet e asistindo a cursos monográficos con mestres como Eric de Bont, Jango Edwars, John Wright, Leo Bassi, Serge Nail, Kirko Koski, Alfredo Rodríguez, Tom Greder, Claudia Contín, Angel Burgos, Sophie Gazel, Carlo Colombaioni, Pablo Muñoz, Johns Pappila, Manuel Lourenzo, Carlo Bosso, etc.. Dende o ano 2000 participa en espectáculos profesionais nas compañías Ibuprofeno Teatro, Espello Cóncavo, Os sete magníficos máis un, Manicómicos e Produccións Desaqueloutradas, coas que ten participado nalgúns dos festivais de teatro e clown máis importantes da península, e na compañía Maquinaria Pesada, con espectáculos de producción propia como As Vingadoras ou Nabiza Girl & Unha Viaxe EspaZial. Dende o ano 2001 forma parte da compañía Trinketrinke teatro, especializada en teatro infantil e dinamización á lectura. No 2005 gradúase en Pedagoxía Teatral na Universidade da Coruña, aínda que vén desenvolvendo a actividade de monitora de teatro en colexios dende o 2001. No ámbito do audiovisual, traballa como actriz secundaria e protagonista en series como Padres Casares, A vida por diante, O Nordés, Air Galicia, Era Visto!, A Casa da Conexa, Os Caseiros ou Casa Manola, e outros programas da TVG como O Show dos Tonechos, En Pé de Festa, Zapping Comando, Máxima Audiencia, Luar, A Solaina, BumBumBumeran, Heicho Cantar, Land Rober, Tourilandia, Land Rober Tunai Show, etc; ademais de realizar curtas, publicidade e algunha longamentraxe, como Os mortos van de présa, Onde está a felicidade?, 9 Ondas ou Pelegrinaxes Na XII Edición dos Premios do audiovisual galego recibe o Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina de reparto polo personaxe de Dona Hortensia en Era Visto! Producida por Zopilotes para TVG. Na 26 edición do Festival de Teatro Galego do Carballiño, setembro de 2015, recibe o premio á mellor actriz polo seu papel en O Furancho de Ibuprofeno Teatro.