• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


 Con  Saleta Seixo Lema-Veres

Con Pedro Brandariz Gómez e Fran Rei.

Isabel Martínez-Risco Valdivieso, coñecida como Isabel Risco[1], nada na Coruña o 7 de abril de 1975, é unha actriz galega.

Traxectoria

Graduada en Pedagoxía Teatral (2005), comezou no teatro universitario en 1997. Foi presentadora de galas, contadora de contos e traballou na radio.

Televisión

Realizou varios traballos na TVG e participou nos programas Land Róber, Air Galicia, O show dos Tonechos e Ata a cociña, e nas series Padre Casares, A vida por diante, O Nordés, Era visto! e Caseiros.

Cine

En cine traballou en Onde Está a Felicidade?, Os mortos van á présa, na curtametraxe Tourettes e no documental Koruño, legado de Hércules.

Política

Isabel Risco actuando con Marián Bañobre na gala de entrega dos Premios María Casares no 2014.

Participa co BNG, aparecendo nas listas da formación nacionalista para as Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014.

Galardóns e nomeamentos

Premios Mestre Mateo

Ano Categoría Filme Resultado
2013 Mellor actriz de repartimento Era visto! Gañadora

 (Fonte: Wikipedia)

Isabel Risco e Fran Rei a piques de dar a benvida ao XV Festival de Comparsas do Concello de Valdoviño, coa nosa particular homenaxe a Rosalía de Castro e Manuel Murguía

DÍA DA PATRIA GALEGA.

 Isabel Risco
Isabel Risco
Actriz
Nome completo: Isabel Martínez-Risco Valdivieso
A Coruña 1975   
Comezou no teatro universitario en 1997. Exerceu de presentadora de galas, contadora de contos e trabllou na radio. Porén é como actriz televisiva como máis é coñecida, xa que durante a década de 2000 a 2010 ademais da súa actividade teatral ininterrompida desenvolveu unha intensa presenza na canle autonómica. En 2004 debutou concursando en O rei da comedia e colaborou en Máxima audiencia, despois mesmo copresentaría deste último. Zapping Commando deulle o seu primeiro papel protagonista, e a partir daí a súa vertente cómica abriulle as portas doutros diversos títulos da TVG, de cote do equipo creativo Zopilote. En 2009 colaborou humoristicamente con Víctor Fábregas comoA estraña parella no programa Luar. Tamén actuou para curtametraxes, como a italianaRetorno a San Andrés (2006).Premios e recoñecementos: Premio Mestre Mateo, entregado en 2014, á mellor intérprete feminina de reparto, por Era visto!.
Formación específica: Graduada en Pedagoxia Teatral (2002-05). Formación en diversas áreas (clow, comedia dell´arte, bufón, etc) con John Wright (2004 e 2007), na UDC (stageeuropeo, 2006), con Tom Greder (2005), Claudia Contin e Johnny Melville (2004), Carlo Bosso (2003), Eric de Bont (2001 e 2003), no Théâtre de L’Organic de Andorra (2003), Jango Edwards (2002), Carlo Colombaioni (2002), Leo Bassi (2001), Manuel Lourenzo (1998), Jorge Castro (1998), Manuel Vieites (1996). Tamén realizou un curso de esgrima teatral na Universidade de Avignon e formación musical.

(Fonte: AVG.O portal do audiovisual galego)
FACEBOOK.