Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

EEI DE VILALBA – FIN DE CURSO 2020

Verbas de Isabel Risco.

Quería saudar tamén polas redes virtuais a todos e todas as nenas da Escola de Educación Infantil de Vilalba, por acollerme deste xeito tan agarimoso na casa común que é a súa escola, e agradecer, co peito inzado de ledicía, á súa directora, as profes e ao profe, a toda a xente que traballa na escola, ao companheiro que fixo toda esta montaxe de video, por darme esta marabillosa oportunidade e deixar que esta humilde moura, da familia das mouras e mouros, emparentadas coas xacias, seres máxicos da mitoloxía galega e que sempre están a espreita para facer novas amigas e amigos, entrara e ficara no cole tanto tempo como quixera! Que sorte e que agasallo tan fermoso! Parabéns polo voso traballo, tanto o dos e das miudas como o das grandes! Bicos e apertas de moura ‍♀️

O agasallo que vos deixei agarda por vos para que o collades en setembro!

 

1

Verbas de Isabel Risco:

Nesta festa da natureza, neste solsticio, neste San Xoan decidín dalo todo e como non me chegou coa cara metín o corpo enteiro para mergullarme nas augas máxica, meigas, druídicas e purificadoras que fan alquimia coas herbas, xesta, fento, fiuncho, romeu, herba luisa, malva, sabugueiro, coa lua e coa natureza toda, non hai bichería que se lles resista!
‘Corazón que te criches cheo de amargura que te criches pechado; ama e renacerás, faite flor para eclosionar’
Feliz solsticio de verán e que nos traia o cambio que este pais tanto precisa para eclosionar e así vivir!

Ophelia, Sir John Everett Millais

Obrigada Mari-bel!

2

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

https://www.facebook.com/isarisco

https://www.facebook.com/isabel.risco

https://www.facebook.com/maribel.valdivieso.5