Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Inventi Teatro nace en xuño do 2017 en Vigo e está integrada por Marcos Alonso, Bea Campos e Paulo Medal. A compañía ten como obxectivo a creación de espectáculos de rúa divertidos, visuais e para toda a familia. O seu primeiro espectáculo “ A tropa do Doutor Milagre ” leva máis de 50 actuacións por toda Galicia e estivo presente en certames como o Festival Internacional de Artistas de Rúa de Redondela, a MIT de Ribadavia, ou Itineranta en Pontevedra. Dende Inventi Teatro propoñemos espectáculos versátiles que adecúan a diversas celebracións; dende unha festa de verán ata un certame teatral. A nova montaxe da compañía é A Gran Viaxe, un divertidísimo espectáculo para todos os públicos.

(Escrita cortesía de URDIME)

 

PREME NA LIGAZÓN:

A gran viaxe – INVENTI TEATRO

https://www.facebook.com/305958723162453/videos/663294994615837

 

https://www.facebook.com/Inventi-Teatro-305958723162453/?ref=page_internal