Nada en Santiago de Compostela, Galiza.
O 24 de febreiro de 1837
Libre é o meu corazón, libre a miña alma, libre o meu pensamento. Rosalía de Castro #Rosalíate
(Ana Pontón)
Imos compartir as verbas de Rosalia esta tarde. Atemporais, sempre.
(Silvia Pardo Galdo)
Rosalía de Castro tamén rockea.
180 anos do nacemento de Rosalía, matriarca das nosas letras!!! ❤
(Abi Castillo)
(Isabel Risco)
Vémonos en Vilalba.
#RosaliaTe
(Martiño Maseda)
(María Xosé Bravo)
O BNG súmase á conmemoración dos 180 anos do nacemento de Rosalía agasallando libros e caraveis
- A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón reivindicou a “figura feminista, defensora da lingua galega e loitadora contra a discriminación de Galiza” e demandou da Xunta incluír no calendario escolar a conmemoración da autora galega máis internacional acompañando a efeméride dun traballo a redor da súa figura e obra en todos os centros educativosO BNG sumouse hoxe a conmemoración dos 180 anos do nacemento de Rosalía nun acto na praza de Vigo de Santiago de Compostela, próxima a casa na que viviu a poeta nacional galega.A portavoz do BNG, Ana Pontón destacou a importante pegada como “feminista, defensora da lingua galega e loitadora contra a discriminación de Galiza que viña padecendo polo Estado español” e afirmou que “aínda queda moito por restituír e devolverlle a Rosalía todo o que ten feito por Galiza”.
Dende o BNG, dixo Pontón “demandamos da Xunta de Galiza un maior compromiso para a divulgación, coñecemento e actualización da obra de Rosalía” e propuxo incluír no calendario de conmemoracións do curso escolar a figura da poeta galega acompañado dun traballo a redor da súa figura en todos os centros educativos.
“Non podemos entender que no calendario escolar apareza o día dos dereitos dos consumidores e o Partido popular negue incluír o día de Rosalía con entidade e solvencia e destinado a un maior coñecemento da nosa poeta”, apostilou a nacionalista.Pontón tamén se referiu ao problema do Panteón de Galegos Ilustres baixo a titularidade da Igrexa católica cando na súa orixe naceu como “un símbolo de Galiza, laico e de uso civil”. Por parte do goberno galego,e ngadiu non hai interese para establecer o Panteón como ese “espazo laico” onde todos e todas poidamos honrar a Rosalía e outras figuras ilustres como Castelao. O BNG seguirá demandando un Panteón galego con titularidade pública.