Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Paso Firme FAQUNDO Gonzalez 

Con ou sen tacóns, sempre estiven, estou e estarei á altura do que a vida me esixa. Porque non son os centímetros dos meus zapatos os que nomean o meu valore, senón a forza coa que avanto en cada pasada que dou.
Ás veces, tocoume ir de “puntillas”, diría que só bailando, a maior parte do meu percorrido e o que me fica, fixo con desmesurada fixeza “os meus pés sobor a terra”…
Sempre coa ialma firme, o cerne… valente e a ollada, moi alta e ao fronte.

Pouco ou nada me importa levar tacóns altos ou ir descalza pola vida, porque o que realmente me sostén non está nos meus pés, está na minha atitude 💪🏻❤️
Non mido a minha grandeza polo que agardan @s amais, senón polo que fun e son capaz de superar.
E claro que me caín, coma non vou facelo… pro agradezo as caídas porque vou comprobando que cada vez me erguo máis ergueita, con máis estilo, con máis lume e por enriba… con máis “VERDADE”.
A vida, non sempre avisa, non sempre é xusta e moito menos doada, mais eu, tampouco son predicibel, nin fráxil, nin doada de vencer.
Son “forza no acougo”, “treboada no silencio”, son unha luz que non acesa...
Así que é moito mellor que non se me subestime polos zapatos que leve, nin polo ton da minha voz. Porque mesmo nos meus días máis lenes, son…INDOMÁBEL“.
PREME NA LIGAZÓN

https://www.facebook.com/Pizpireta73/videos/939958388228762

TRADUCIÓN AO GALEGO CEIBE DA MAN DO RUBEM NOVO.

TÓDALAS FOTOS DA MAN DA INMA HERMIDA.