Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Inma Hermida

As Hespanhas, terra de milagres políticos.
Onde gobernhe quen gobernhe, o pobo sempre perde… pro iso si, l@s de enriba endexamais “pínganse”.
A dereita recurta, privatiza e énchese os petos.
A esquerda, promete trocos… mentres se acomodan bulindo nos seus cadeiróns
E mentres tanto, cidadán@s de cotío, (polo menos eu), tenho que elixir cada catro anos entre que estóupenme con garabata azul ou con slogans vermellos. Canta variedade!

– Sanidade pública, o exiguo.
– Educación, cada canto máis dispar.
– Vivenda, imposíbel.
– Soldo, de escangallarse de risa (ou pra chorar).
E aínda así, tenho que escoitar que “a democracia anda”. E preguntoume a cada pouco:
Anda pra quen? 🤔
Porque pra min, esta política converteuse nun teatro, un teatro no que non hai nin educación, nin respecto e moito menos empatía, un teatro no que síntome unha “figurante” que paga o pase pra sofrir avergonhada á conta das súas pésimas actuacións.
NON quero voltar á Espanha do “e o teu máis”.
Quero unha esquerda valente, unha sociedade esperta e un país que non iste a xeito consobrevivir”.
Quero unha oposición que deixe de brasonar de “patriotismo” e en lugar diso, comprométase a ter “ollada de estado” xa que o seu proxecto político “brila pola súa falla“.
Non me esquezo endexamais de que criticar ao poder non é facerlle “o xogo á dereita”. É esixir todo o que me prometeron.
E xamais me calarei, coma tampouco apoiarei DE NINGURES nin unha soa pegada adiante á ultradereita… négome con total rotundidade a darlle as costas a “A Memoria Histórica”.
De certo, moi bos días senhoras e senhoros! Hoxe “La Inma” espertou
 Reivindicativa, Revolucionaria… Que estrano, non? 🤔
😂😂😂😂😂😂😂😂😂😂😂😂
Mil biquinhos pra tod@s!
😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘
PREME NA LIGAZÓN
TRADUCIÓN AO GALEGO CEIVE DO RUBEM NOVO