Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

VERBAS DE CARMEN PENIM:

Tristura inmensa de ver que este sitio tan especial, tan noso, sufriu o atentado da burricie e a miopía e o veleno. O paseo é perfectamente compatible co museo etnográfico que aquí se ía facer. E se non fose compatible, habería outras vías para negociar e protestar. Xa sufrira intentos de queima e desta, foi. Un incendio provocado entre casas habitadas, coches aparcados e risco para persoas que pasan.
O acto de repulsa foi de moita dignidade e moita unión. Faremos o necesario para que se erga das súas cinsas!!
Grazas a todas as moañesas e moañeses que hoxe viñeron e aplaudiron a rabiar ata conseguir que marchara un descerebrado que nos insultaba mentras o noso poeta Dani Xosé Daniel Costas Currás recitaba marabillosamente, como sempre, co corazón e as tripas. E as personalidades políticas que, humildemente, sen intervir sequera, só estando alí para protestar co pobo de Moaña. E con xentes da comarca vidas a feito para este acto.
Falou tamén coma sempre coa paixón equilibrada que a caracteriza, sen pelos na lingua, a alcaldesa Leticia.
Neste vídeo estamos dentro hai uns anos tocando. Asegúrovos que a maxia do lugar arrepiaba o corpo.

 

2NAFRONTEIRA

ATUANDO NO ASTELEIRO QUEIMADO.

2013.

A letra é o poema “Cando ti volvas” que escribiu Valentín Paz Andrade para seu amigo Castelao, que non puido volver…

(IMAXE PORTADA 2NAFRONTEIRA LAREGION.ES)http://LAREGION.ES