Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Ibuprofeno Teatro

Ibuprofeno teatro somos unha compañía privada formada por Santiago Cortegoso e Marián Bañobre, dous profesionais que -despois de anos de traxectoria en numerosas compañías galegas e foráneas- promovemos en 2010 o noso propio selo de produción, para emprender proxectos teatrais dun xeito persoal e independente, nos que poidamos integrar a escrita dramática no mesmo proceso de creación e posta en escena das obras.

Levamos producidos os espectáculos: A filla de Woody Allen (2010), Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios (2012), FITNESS (2013), BULTO (2014) e O Furancho (2015). Todos eles foron e están a ser distribuídos dentro e fóra de Galicia, en festivais e prazas de moito prestixio (Mostra de Autores Contemporáneos de Alicante, Feira de Ciudad Rodrigo, Umore Azoka de Leioa, Festival de MIM de Sueca, etc.), con moi boas críticas e o recoñecemento de varios premios (María Casares a Mellor Actriz, Vestiario e Autor, nominacións nos Max, etc.).

Raclette inaugura unha nova xeira da compañía, na que asume producións dun formato superior, con elencos máis numerosos, persisitindo na procura do rigor na posta en escena, no traballo interpretativo e na concepción dos textos e dos procesos de creación, que continúan a procura dunha linguaxe persoal e recoñecible para falar dos temas claves que lle afectan ao ser humano contemporáneo, a través de personaxes que buscan a súa identidade individual nun contexto social globalizado e complexo que non conseguen controlar, o que os leva a situacións absurdas e cargadas dun humor acedo e sarcástico.

Ademais da produción de obras teatrais, Ibuprofeno Teatro organiza e dirixe espectáculos de promoción de actividades, como por exemplo o programa Noites Abertas do Concello de Pontevedra ou a Gala de entrega dos Premios María Casares 2014, ademais de impartir obradoiros de creación escénica, clown e escrita dramática para diferentes institucións, festivais e escolas de teatro.

PREMIOS RECIBIDOS:

  • Premio “Coiro de Pita” da Sala Ingrávida (O Porriño) ao Mejor espectáculo programado na temporada 2015-2016, por A filla de Woody Allen.
  • Premio María Casares 2016 ao Mellor Vestiario por O Furancho.
  • Finalista nos Premio María Casares 2016 a Mellor Autor por O Furancho.
  • Premios María Casares 2013 a Mellor Actriz e Mellor Autor por Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios.
  • Finalista nos Premios max 2011 a Mellor Autor Galego por A filla de Woody Allen.
  • Premio Fetega (Festival do Carballiño) a Mellor espectáculo e Mellor Actriz (Isabel Risco) por O Furancho.

Marián Bañobre

Marián Bañobre

Marián Bañobre

Con Ibuprofeno

Biografía

Marián Bañobre é actriz, clown, creadora escénica e deseñadora de vestiario. En 2010 promove xunto a Santiago Cortegoso o seu propio selo de produción, Ibuprofeno Teatro, para emprender proxectos teatrais dun xeito persoal e independente.

  • Actriz en teatro

    IBUPROFENO TEATRO

    • “Raclette”, escrito e dirixido por Santiago Cortegoso (2016).
    • “O Furancho”, escrito e dirixido por Santiago Cortegoso (2015).
    • “Vulto”, creada por por Marián Bañobre e Diego Seixo (2014)
    • “Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios que non serven para cambiar o mundo pero fan que quedemos máis tranquilos”, escrito e dirixido por Santiago Cortegoso (2012).
    • “A Filla de Woody Allen”, escrito e dirixido por Santiago Cortegoso. Solo de teatro (2010).

    TEATRO DE NINGURES

    • “Homes… Mulleres: O Paraíso Terreal”, de Santiago Cortegoso, Paula Carballeira e María Armesto.  Dirección: Etelvino Vázquez (2010).
    •  “Os cómicos dell’Auto”, creación colectiva. ESPECTÁCULO DE RÚA (2009).
    •  “Misericordia”, de Benito Pérez Galdós. Dirección: Etelvino Vázquez (2006).
    •  “Tartufo”, de Moliere. Dirección: Etelvino Vázquez (2005).
    •  “O Principiño” , de Antoine de Saint- Exupéry. Dirección: Salvador del Río (2002).

    LA ESCAPISTA/SALA TRIÁNGULO/JUANJOTERO PRODUCCIONES.

    • “Hámster”, de Santiago Cortegoso. Dirección: Fernando Soto (2009)

    CENTRO DRAMÁTICO GALEGO

    • “A piragua”, escrito e dirixido por Candido Pazó (2007). Dous anos máis tarde retomada pola compañía do director: Abrapalabra.

    NOVE-DOUS TEATRO

    • “Ás veces sentímonos tan cansos que facemos estas cousas”, de Rodrigo García.  Dirección: Roberto Cerdá (2007).
    • “Fóra de Xogo”, escrito e dirixido por Maxi Rodriguez (2007).

    TEATRO DO MORCEGO

    • “A Farsa do Bululú”, de Manuel María.  Dirección: Celso Parada (2005).
    • “O Circo enmeigado”, de R. Dieste.  Dirección: Celso Parada (2005)
    • “Momo”, de  M. Ende.  Dirección: Celso Parada (2004)
    • “Os vellos non deben de namorarse”, de A. D. R. Castelao. Dirección: Celso Parada (2003)
    •  “A Gran Ilusión” ,de  Eduardo de Filippo.  Dirección: Celso Parada (2003)

    PRODUCIÓNS DESAQUELOUTRADAS

    • “Tanis I O Mocos”, de Manuel Lourenzo González. Dirección: Angel Monteagudo. Espectáculo Xuvenil (2002)

    CASAHAMLET

    • “A Orestiada”, de Esquilo. Dirección: Theodor Smeu Stermin.(2000)
    • “A Doncela Guerreira”, de Rafael Dieste. Dirección: Manuel Lourenzo.(1999)

    Santiago Cortegoso

    Biografía

    Santiago Cortegoso é autor, director e actor. En 2010 promove xunto a Marián Bañobre o seu propio selo de produción, Ibuprofeno Teatro, para emprender proxectos teatrais dun xeito persoal e independente.

    • Escrita dramática

      • O FURANCHO. Para Ibuprofeno Teatro, 2015. Nominado nos Premios María Casares 2016 a mellor texto orixinal.
      • RACLETTE.  Premio Álvaro Cunqueiro 2014 (Agadic). Estreado por Ibuprofeno Teatro, 2016.
      • SMOKE ON THE WATER. Premio MOME Varela Buxán 2013, do Concello da Estrada.
      • PEQUENOS ACTOS PSEUDORREVOLUCIONARIOS. Para Ibuprofeno Teatro, 2012. Premio María Casares 2013 a mellor texto orixinal.
      • EL CHARCO DE ULISES. Becado en Iberescena 2010. Editado por Artezblai, 2012.
      • HOMES…MULLERES. O PARAÍSO TERREAL. Para Teatro de Ningures, 2010.
      • A FILLA DE WOODY ALLEN. Para Ibuprofeno Teatro, 2010. Finalista nos Pemios Max 2012 a Mellor autor galego.
      • OS CÓMICOS DELL’AUTO. Para Teatro de Ningures, 2009. Nominado nos Premios María Casares 2010 a mellor texto orixinal.
      • 0’7% MOLOTOV. Premio Rafael Dieste 2009, Ed. Deputación da Coruña, 2010 Estreado por Teatro de Ningures en 2011. Finalista nos Pemios Max 2012 a Mellor autor galego. Nominado nos Premios María Casares 2012 a mellor texto orixinal.
      • CASA O’REI. TRAXICOMEDIA GASTRONÓMICA. Editorial Morgante, 2010.
      • HÁMSTER. Seleccionado nos III Encuentros en Magalia de 2008. Editado no nº 60 da Revista Galega de Teatro. Estreado pola Sala Triángulo de Madrid en 2009.
      • DES-MEMORIA-2. Para Disquedanza, 2009.
      • VISIÓN NOCTURNA. Lectura dramatizada no Salón Teatro, do C.D.G., 2007.

    Santiago Cortegoso

    Con Ibuprofeno

    http://www.ibuprofenoteatro.com/

    http://ibuprofenoteatro.blogspot.com.es/

    En cartel

    Raclette

    Raclette inaugura unha nova xeira de Ibuprofeno Teatro, na que asume producións dun formato superior con elencos máis numerosos, caracterizadas polo rigor na posta en escena, no traballo interpretativo e na concepción dos textos e dos procesos de creación,  baseados na obra dramatúrxica de Santiago Cortegoso.

    O furancho

    Sempre na vangarda do deseño e das últimas tendencias, Marián Bañobre e Isabel Risco preséntannos a súa última creación: O furancho. Unha nova aposta empresarial que cheira a éxito a pesar do contexto hostil no que vivimos.

    Fitness

    FITNESS é un espectáculo itinerante no que a pallasa Marián Bañobre percorre en bicicleta os espazos públicos facendo deporte en todas as súas variedades, interaccionando e captando a atención dos transeúntes, que se verán trasladados a situacións fóra da dinámica cotiá.

    A filla de Woody Allen

    “Na vida, o oitenta por cento é presentarse”. Woody Allen

    Entra en escena unha personaxe cunha gran maleta na man. Ao pouco, o público descobre que é a todas luces igual que Woody Allen, que se comporta coma el, que ten as mesmas teimas. Pero ela ignora o parecido. Está perdida, ignorante do evidente, na procura dunha identidade que todos coñecemos.

    Imaxe do contacto
    Correo electrónico:
    ibuprofenoteatro@ibuprofenoteatro.com
    Teléfono:
    986 102 832
    Móbil:
    609 761 840
    http://www.ibuprofenoteatro.com

    Descargar información como: vCard

    • Noticias e eventos

    “RACLETTE” PREMIO ESPECIAL DO PÚBLICO EN CIUDAD RODRIGO

    O espectáculo de Ibuprofeno Teatro obtivo a mención especial ao Mellor Espectáculo de Sala

    As persoas integrantes da Asociación “Amigos del Teatro” de Ciudad Rodrigo outorgaron cos seus votos, a través da propia páxina web da feira, as mencións aos mellores espectáculos da 19 edición da “Feria de Teatro de Castilla y León-Ciudad Rodrigo”.

    Continuar lendo

    O FURANCHO EN PONTEAREAS

    Auditorio Reveriano Soutullo | Venres, 11 Novembro 2016 20:00

    O furancho en Ponteareas

    Continuar lendo

    • Noticias e eventos

    O FURANCHO EN PORRIÑO

    Sala Ingrávida | Venres, 02 Setembro 2016 21:30 | Sábado, 03 Setembro 2016 21:30

    O furancho en Porriño

    Continuar lendo

    • Noticias e eventos

    PREMIO COIRO DE PITA PARA IBUPROFENO

    Outorgado polo público por “A filla de Woody Allen”

    Premio Coiro de Pita para Ibuprofeno

    A Sala Ingrávida do Porriño vén de resolver o pasado venres o premio que o seu público concede ao espectáculo que máis lle puxo o “coiro de pita” dentro da programación de toda a temporada.

    Continuar lendo