Front-woman da formación, a polifacética coruñesa Ana Lee é un espectáculo en si mesma. Hipnótica mestura de punky, meiga e diva, a súa interpretación do repertorio de Fresquiños tradúcese nun poderoso directo que conecta sen ambaxes co público. Galicia, terra brava, enxendrou unha nova embaixadora. Non podemos estar máis orgullosos de contar con Ana como vocalista da banda! Foto de Jose Antonio GT.