bng

HOMENAXE AOS MÁRTIRES DE CARRAL. MÁRTIRES DA LIBERDADE. CARRAL DOMINGO 29 ABRIL 12:30 H.

Publicado el 29 abril, 2018 | Noticias, Prensa

bng

Este domingo en Carral para lembrar a revolución de 1846.
Foi polo mes de Abril,
no século dezanove.
¡Un berro forte, baril
a toda a patria conmove!

Solís en Lugo berrou
un berro de rebeldía.
¡Galiza enteira acordou!
¡O pobo enteiro se erguía!

Pois a patria desta feita
cumpriría as súas angueiras.
¡Pro logo veu a desfeita!
¡Perdeuse todo en Cacheiras!

Solís e os seus oficiais
foron no intre xulgados.
¡Aqueles homes leais
remataron fusilados…!

En Carral está a cova
dos Herois da Liberdade
¡semente fecunda e nova
que un día será verdade…!

(Manuel María. As rúas do vento ceibe,1979)

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *