Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
A VIDA.

Benvenuto Cellini (Florencia, 1500-ib., 1571)
Prototipo de home renacentista, Cellini foi o ourive máis importante do movemento, ademais de escultor e magnífico escritor (Istas memorias son proba diso). A escrita é esencial pra comprender coma se desenvolveu a arte moderna occidental. Ata entón confundíanse a figura do artesán e do artista. A súa produción artística é igual á dos máis grandes, coma Leonardo, Miguel Anxo, Rafael ou Tintoretto.
Despois de ler istas páxinas (que nesta edición son 395) moitos desprevindos caerán da guinda cando se trate da personalidade dos grandes mestres. E é que —contra o que pensa unha gran maioría— que un ser human sexa capaz de crear a beleza máis sublime non quere dicir que sexa tamén unha ialma rebordada de bondade e moralidade, nen un modelo de virtudes ao servizo do amore polo humanidade. Non, queridos nenos… os bos artistas adoitan ser mala persoas, cando non son fillos de puta sinceros (tampouco escorrentan os mediocres; eu coñecín persoalmente a algúns). E Cellini non foi unha excepción porque entre os seus vicios estaba o de xogador, bebedor, puteiro, duelista e asasino multipel. Os cartos queimábanlle nos petos e tivo que cambiar de cidade porque os inimigos o axexaban por todas partes. Sempre ía armado, levaba cota de malla e dobraba as esquinhas cun arrodeo (era o que se coñecía coma “estilo Cellini”).
Independentemente de todo isto, a autobiografía pódese ler coma a viaxe dun ser human único que pasou de vivir nos pazos máis luxosos aos calabozos máis profundos. Bukowski ao seu lado nin sequera chegaría a un acólito. Óscar Wilde considerou que iste é un dos poucos libros que paga a pena ler.
Toda unha leción de vida… A vida.
10/10.

 

O PRIMEIRO HOME
Albert Camus (1913-1960)
Novelista, ensaísta, dramaturgo, filósofo e xornalista nado en Alxeria. Camus morreu moi novo nun accidente de carro, polo que a súa obra é breve.
Fillo dun soldado francés destinado en Alxeria e unha colona de orixe menorquina, criouse nas vecinhanzas máis malpocadas da capital baixo a tutela da súa avoa; o seu pai morreu moi novo e a súa nai tiña unha enfermidade mental que afectou, entre outras cousas, á súa fala.
Istas memorias atopáronse no maletín que levaba o día da súa morte, e foron publicadas postumamente pola súa filla en 1995. Aínda que é dunha obra inacabada, o relato da súa infanza e formación no Liceo resulta impactante. Entre a intolerancia da súa avoa e os esforzos do seu mestre Louis Germain, que foi o primeiro en ver o seu potencial, por adiantar na súa formación, cóntase a historia de coma chegou a converterse no Premio Nobel de Literatura no 1957 con só 44 anos. anos.
Albert Camus é unha voz única en toda a narrativa e o pensamento do século XX.

 

 

ESCRITAS DUN SALVAXE
Paul Gauguin (1848-1903)
Xunto a Cézanne e Van Gogh, Paul Gaugin pasou á historia coma un dos pais da pintura moderna. A súa vida non pareze real. Burgués acomodado traballando coma axente de bolsa, casado e con cinco fillos, só pintaba no seu tempo ceive. Entón comeza a relacionarse con membros do movemento impresionista. Despois da súa primeira exposición só recolle críticas despectivas á súa obra. En 1882 cae a bolsa; arruinase e a súa familia abandónao. Dicide adicarse por completo á súa arte e, sen querer, á miseria absoluta. A súa viaxe vital é errática. Remata separándose da civilización porque entende que é decadente. Na procura do paraíso perdido, remata en Tahití onde pinta as súas mellores obras. A enfermidade e a miseria rematan dramaticamente coa súa vida. Só tres anos despois da súa morte, os seus cadros expóñense en París con total éxito. Hoxe o prezo das súas obras é incalculabel.
O libro recolle todos as escritas dunha das mentes máis lúcidas da seu tempo. Inclúense correspondencia con familia e amigos (Shuffenecker, Van Gogh, Emile Bernard…), notas sobor técnicas pictóricas, vida en Tahití, artigos xornalísticos, unha pequena autobiografía e escritas pra a súa filla.

 

O MEU DERRADEIRO SUSPIRO.
Luís Buñuel (1900-1983)
Home de vastísima cultura e profunda inquedanza creativa, a Luís Buñuel a natureza non lle proporcionou ningún agasallo, polo que se adicou ao cinema. Entón resultou que se converteu no mellor director da historia.
O libro é a transcrición de conversas e entrevistas que o seu amigo e colaborador Jean-Claude Carrière recompilou durante a súa relación de dezaoito anos.
Pai do surrealismo, tras unha primeira incursión apóteosica en 1929 coa curtametraxe “Un perro andaluz”, e logo con “La edad de Oro”, ao comezo da Guerra Civil lisca aos Estados Unidos e estableceuse coma director da MOMA. Coma consecuencia da revelación que Salvador Dalí fixo nas súas memorias sobor a súa filiación comunista, o seu cargo foi retirado e viuse obrigado a malviver coa súa familia. Alí ninguén lle deu endexamais unha oportunidade, mais mentres varría nos estudos de Hollywood aprendeu técnica cinematográfica. En 1948 viaxou a México e realizou as súas dúas primeiras películas “alimenticias” (coma lle gostaba dicir). Despois, aos cincuenta anos, rodará “Los olvidados”, a súa única película, xunto con “Metrópolis” de Frizt Lang, cuxos rolos foron declarados patrimonio universal da humanidade.
Eiquí se fala de todo dun xeito lúcido e divertido. Buñuel viu as cousas dende unha perspectiva tan orixinal que iste libro transcende o xénero.
10/10
Tódolos artigos por Pepe Chas.
Tradución ceive ao galego por Rubém Novo.
Foto cabeceira Lúis Buñuel cortesía de https://www.hoyesarte.com/