Matt Pike / foto cortesía de https://loudwire.com/
Nunha vida, na que a música Rock n’roll, foi, é, será, unha forma de vida, e de atitude neste
Mundo – Terra no que nacín, hai cousas que de súpeto zoupan no teu peito.
No 2014, do Século XXI da era cristiá, fun a Viveiro a IX edición do Resurrectión Fest. Miña teima ollar a segunda vez de Down no Resurrection Fest, mais nunha xuntanza de bandas de Rock, Metal, Punk, Hardcore… sempre, nese alistado xigantesco de concertos, sempre non decataches dos abraiantes banda que bulen polo Festi.
Na miña andaina, cheguei a carpa metal, ollando unha banda metaleira, que xa comezara a súa regurxitación sónica, e FOSTIAS!!! eran HIGH ON FIRE, cun Matt Pike, a guitarra, fervendo as cordas do seu trebello sónico, escoitándose o son do Averno, (apontamento clásico: lagoa vulcanica da Campania que os antigos consideravam ser unha das portas do inferno).
Contando con só guitarra, baixo e batería, limpas as armas sónicas dos de San Francisco e a equipa de son da carpa, o que soaba, apavoraba un fluxo entre a penha, saia das mans endianhadas que teñen os músicos de HIGH ON FIRE na súa carne e Ialma..
Nun mundo do Rock, onde as bandas que teñen a súa faísca alumeada e unha atitude de imos ser o máis grande na escea Rock en décadas, parapetan o seu som con efectos sónicos, teatrais, lus a esgalla e moito volume (que non ven dos seus trebellos roqueiros) dos seus altofalantes, nen de onde ten que vir: das súas armas coma músicos. Cos HIGH ON FIRE soa a música da que eles asulagan o seu armamento musical, nada de efectos que enchan dende a equipa de som, ocos, erros, den máis volume; ise senso de a máis volume, soas mais duro, bronco, ameazador… POIS NON!!!
HIGH ON FIRE, son do mundo do Metal e fan Metal. Estiveron no Selo Relapse Records (outros que pasaron por iste selo calidade no Metal foron tamén MASTODON) e na súa progresión musical, levaron o seu Metal – Averno o bordo coas virtudes de ser músicos que dominhan o que soa polos altofalantes, non necesitan nada máis.
Metal na vea, por inxección intraveosa, os metaleiros de San Francisco, amosan talento, cancións, atitude e Metal de punheteiro aceiro.
ACHÉGATE A MÚSICA DE HIGH ON FIRE!!!
Rubém Novo.
High on Fire at The Tonic Lounge 5, 14, 2019 -concerto enteiro.
Primeira noite Portland, OREGON, USA.
MÁIS INFO:
https://www.facebook.com/highonfire
https://www.instagram.com/highonfireband/
Datos xerais |
|
---|---|
Orixe |
Oakland, California, Estados Unidos ![]() |
Información artística |
|
Sludge metal Stoner metal Metal pesado |
|
Período de actividade |
1999 – presente |
Relapse Man’s Ruin Koch |
|
Artistas relacionado |
Sleep Thrones Melvins Zeke Asbestos Death Kalas |
Web |
|
Páxina web |
www.highonfire.net |
Membros |
|
Antigos membros |
|
Joe Preston – baixo. George Rice – baixo. Karl Larson – guitarra. Ron Crockett – baixo. |
|
High on Fire é unha banda estadounidense de Xevi Metal, orixinaria de Oakland, California, formada en 1999. Matt Pike, líder e fundador, xa tocara na banda doom metal/stoner metal Sleep. A banda é a gañadora dun premio Grammy á mellor interpretación de metal pola canción Electric Messiah que ista no álbum homónimo da banda e obtida en 2019.
Discografía
EP
1999: Promo das primeiras gravacións
2005: Split 7 “con Ruins
LP
2000: The Art of Self Defense
2002: Surrounded by Thieves
2005: Blessed Black Wings
2007: Death Is This Communion
2010: Snakes For The Divine
2012: De Vermis Mysteriis
2015: Luminiferous
2018: Electric Messiah
Sitio gueb oficial da banda
(Foto cabeceira cortesía de High On Fire)
High On Fire concertos 2021 – 2022.
28 DECEMBRO 2021
Tacoma, WA, US
Fawcett Hall at Alma Mater
29 DECEMBRO 2021
Seattle, WA, US
El Corazon
Jun
3
2022
Wiesbaden, Germany
Kesselhaus, Schlachthof Wiesbaden
Jun
4
2022
Winterthur, Switzerland
Gaswerk Kulturzentrum
Jun
5
2022
Segrate, Italy
Circolo Magnolia
Jun
5
2022
Barcelona, Spain
Primavera Sound Festival Weekend 2
Jun
10
2022
Munich, Germany
17 Years Sound Of Liberation
Jun
10
2022
Jun
11
2022
Esch Sur Alzette, Luxembourg
Kulturfabrik
Jun
14
2022
Dortmund, Germany
Junkyard