carmen

HERDEIRAS. HOMENAXE ÁS MULLERES NA GUERRA. POR CARMÉN PENIM.

Publicado el 26 julio, 2017 | Literatura

carmen2

 

https://www.facebook.com/carmenpenim.alma?lst=1253241583%3A100004147448477%3A1501101678

 QUEN É CARMEN PENIM?
Contáctame en comunicacionherdeiras@gmail.com
É a cantante co fundadora do dúo ítalo-galego 2naFronteira, e verdadeiro motor do mesmo. Dende o 2011 leva editado e producido os 4 discos desta agrupación, coa súa pequena produtora, basada no tesón e só nunha economía familiar. Nos seus discos a cultura, a lingua e a literatura galegas son centrais.

 
A crítica e o público aprezan sobre todo o seu eclecticismo e calidade musical, e as súas composicións con poemas galegos contemporáneos e clásicos, que van dende o jazz ás raíces galegas (tanto populares como cultas) con influencias de músicas do mundo.
Neste enlace podes coñecer unha canción do disco Sons de Nós (2015) Teño unha dor
Na voz dela bate a auga das montañas arraianas e o fondo sentir que o noso pobo ten da saudade e da natureza. As composicións de Carmen caracterízanse por unha grande sensibilidade e empatía para coas historias heroicas e simples das xentes do pobo galego.
Participa coa súa música a cotío con causas solidarias de recollida de alimentos ou fondos. Así foi como chegou a coñecer as historias das mulleres no 36, cando comezou a guerra civil en España e se sucederon anos de terror, morte e represión.

HERDEIRAS: un proxecto en clave de muller
Dar voz á memoria viva e luz á memoria esquecida
Herdeiras é un libro-CD (poemas musicados e artigos  e un audiovisual) no que colaboran as  herdeiras e herdeiros (netas e netos e fillas) de represaliados na época da guerra e a posguerra; e as principais intelectuais e poetas de Galicia que produciron obras sobre este tema. Herdeiras fala de muller e dereitos, fala da construción da identidade, da visibilización, do sentido de herdanza, recuperando historias de mulleres resistentes e solidarias, represaliadas ás veces só por ter loitado por dereitos que hoxe consideramos obvios. E fala de memoria, porque o esquecemento non trae a paz serena que queremos, porque non nos queremos repetir e queremos sentirnos orgullosas de ser netas e fillas de mulleres fortes e dignas.

UN TRABALLO CORAL: 27 PERSOAS XUNGUIDAS EN HERDEIRAS


En Herdeiras, poderás escoitar a música de Carmen Penim sobre poemas de Helena Villar, Carmen Blanco, Eva Veiga, Marga do Val e Marta Dacosta, ademais de letras da mesma Carmen. Tamén na parte de libro verás cunha fermosa gráfica (Númax) e fotografía de Xoán Piñón, artigos breves sobre as protagonistas: as mulleres que sobreviviron e resistiron. E ademais conta co luxo dunha curtametraxe que Margarita Ledo realizou expresamente para Herdeiras: “Bucle”.
No libro colaboran con breves artigos: Aurora Marco, Montse Fajardo, Luis Bará,todos eles investigadores; Xan Leira, herdeiro;  Pepe Cáccamo, poeta e herdeiro; Valentín García Bóveda, herdeiro e secretario da Fundación de Bóveda, Carmen G. Rodeja (ARMH), María Torres, Xosé Álvarez, investigadores ambos; Ana Paula Mejuto, herdeira, con Olivia Rodríguez, investigadora; Xosé Manuel Cid, Xesús Alonso Montero, Presidente da RAG ata o 2016; René Pacheco, arqueólogo da ARMH e Amalia Bóveda, filla do insigne Alexandre, escribiu o prólogo.

Este é o primeiro vídeoclip de HERDEIRAS. “Vertical” (letra e música de C. Penim) fala unha muller que tivo que ver como mataban o seu home. Que fará agora, soa co seu fillo? Como sobrevivir a esta dor, a esta raiba?

Carmen Penim: Vertical (Herdeiras)

Intérpretes:
Pero tamén no disco, así como no escenario, o espectáculo Herdeiras porá sobre as táboas a varias mulleres: o cello de Margarida Mariño, o violín de Carmen Gallego e a percusión de Marta Figueiredo. Ademais, no disco colabora Pablo Rodríguez co laúde e a mandolina portuguesa e conta co pianista habitual de Carmen, que colaborou tamén en algúns arranxos: Maurizio Polsinelli. Nos concertos poderás tamén disfrutar da danza de Xiana Vilas.

Así soa Herdeiras

Pequenos fragmentos da parte musical do proxecto HERDEIRAS: unha rede tecida entre 27 persoas en torno á muller e a memoria.
Podes comprar por adiantado o libro CD en gofundme.com/herdeiras-librodisco

Foto Xoan Piñón.
Intérpretes:
Carmen Penim: coordinación, produción e voz
Maurizio Polsinelli: piano
Carmen Gallego: violín, nickelharpa
Margarida Mariño: violoncello
Marta Figueiredo: percusión, batería
Coa colaboración de Pablo Rodríguez: laúde e mandolina; Segundo Grandíao: contrabaixo; Susana Martínez: coros.
Música de Carmen Penim.

Este libro-disco conta co apoio de moitos mecenas a través da plataforma GoFundMe e a colaboración da Xunta de Galicia, Deputación de Lugo, concello de Moaña, Concello de Rianxo e Concello de Cangas do Morrazo.

Ademáis da música, o libro conterá artigos breves e un audiovisual de Margarita Ledo.

 

 

 

 

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *