• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


POESÍA mínima. Haiku

Algarabía,
saraiba no cristal
e trono interno

Non son ruínas,
que aínda olen a caldo
e a pan quente.

Fóronse as mans,
fuxiron as conversas
e a auga cae

Daquel amor
inda nacen as flores
na primavera.

Coma no barco,
todos os tripulantes
foron a pique.

Alí o mar
prepara para os náufragos
fermosas laudas.

FACEBOOK HELENA VILLAR JANEIRO.

https://www.facebook.com/villarjaneiro/timeline