• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


 

Se voa a rosa
poida que cheguen froitos
chamando ao amor.

 

Saen ao paso
todos cantos reloxos
espalla o tempo.

 

Caen na tarde
sons de chocas que o gando
tanxía outrora.

 

A barca libre
que vai sucando o azul
perdeu dous remos.

 

Sempre renace
no corazón do inverno
a primavera.

 

Vin retratar
a ausencia do paxaro
e o olor do aire.

 

O outono forxa 
a enferruxada folla
que corta a luz.

 

Soutiño novo.
Nin carocas nin mouchos
lle impoñen medo.

 

Rezo na pedra,
agonía na folla,
garabullada.

 

Todas as bágoas
deberían ser chuvia
lucindo en flores.

 

A canilonga
dirixe hoxe a descarga
que trae o mar.

 

Que foi do cuco?
Un baile de disfraces
precisa música.

 

#fotopoemas
#poesiaminima
#haikus

https://www.facebook.com/villarjaneiro