helena2

HELENA VILLAR JANEIRO: LITERATURA POPULAR GALEGA.

Publicado el 6 junio, 2017 | Literatura

“Queda o raposo esperando
no alto de Camariñas
que lle suban os zapatos
porque o pican as espiñas”.

Popular

“Se queres que vaia verte
de noite polo luar
tes que prender a cadela
que non fai máis que ladrar.”

Popular

“Meu tío Tomás
e a sogra de Antón
fixeron un trato
por un mexillón.

A cousa non foi
como ela quixer:
os vellos non poden
chegare e encher”.

Popular

“O que fai un cesto fai un cento
se lle dan vimios e tempo”.

Popular.

“Anda, Mariquiña,
remenda o refaixo
que o levas rotiño
por riba e por baixo.

Por riba e por baixo,
por baixo e por riba.
Mariquiña, remenda a mantiña”.

Popular

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *