• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


Quere o paseo
dos buxos apreixar
a tarde eterna.

HAIKUHELENA2

“Pola faldra da camisa
vinche baixar un piollo.
Viña de Sierra Morena.
Traía un parche nun ollo.”

Popular

Feluxe, engrudos,
ocos, saliente, viga,
cara de caras.

HAIKUHELENA

Flor, froito, espiñas.
Todo sabe esperar
en tres por catro.

HAIKUHELENA3

“Moito me gusta, Maruxa,
o lavar da túa roupa
e has ser a miña cuñada
se meu irmán non teu outra”.

Popular