DISTANCIAS
O traxecto é dunha hora, pero quere durmila sen que a interrompan. Durante o sono pode volver o bico del, a caricia da nai, o arrecendo das terras da súa infancia… Os soños viaxan de improviso sobrevoando milleiros de quilómetros. E cando veñen, son o mellor na viaxe da cada día.