Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Cando falamos de Heath Ledger, é imposíbel non falar do “Joker” (ou tamén Algareiro).
E sábese que a preparación do personaxe foi obsesiva.
Ledger tinha coma espello a versión que Jack Nicholson encarnara en “Batman”, de Tim Burton (1989). Sentía pánico escénico de non estar á altura do papel. Encerrouse durante semanas nun cuarto dun hotel pra preparar a personaxe. enfeitarse, creou a voz e a risa do vilán. Tamén escribiu un diario íntimo que o seu pai chegou a revelar no documental “Too young to die” (Demasiado novo pra morrer, 2012).
O diario escribiuse dende a perspectiva do Joker. Nel temos anacos de cómics de DC, imaxes de Alex DeLarge (protagonista de “A Laranxa mecánica” interpretado por Malcolm McDowell) e do Sid Vicious (o membro da banda punk británica Sex Pistols).
Parecía evidente que a personaxe lle xeraba certo tipo de encanto. Segundo as súas propias verbas, o Joker ocasionáballe insomnios:
«Non podía parar de pensar. O meu corpo estaba exámine mais os meus miolos funcionaban». A súa testa estaba sinxelamente frenética. E nese estado… saíu a rodar con Nolan.
A interpretación de “Joker” por parte de Ledger foi sinxelamente impactante..
#HeathLedger #Joker

(TRADUCIÓN CEIVE AO GALEGO POR RUBÉM NOVO).

 

CINÉFILOS REBELDES.

https://www.facebook.com/CinefilosRebeldesContraataca