guadi16

GUADI GALEGO

Publicado el 20 junio, 2016 | Artistas, Folk
INFORMACIÓN DE LA PÁGINA
  • Descripción breve
    Guadi Galego Música
  • Premios
    III Premio Martín Códax da Música na categoría de Canción de Autor 2016
  • Sexo
    Femenino
  • Gerente general
    Culturactiva
  • Correo electrónico
    info@culturactiva.org
  • Contacto de prensa
  • Publicado el 11 nov. 2014

    Primeiro video clip extraído do novo disco de GUADI GALEGO “LUAS DE OUTUBRO E AGOSTO”, á venda o 25 de novembro de 2014.

    Guadi Galego, unha das artistas máis relevantes da escena musical de Galicia, presenta “Lúas de outubro e agosto” o seu segundo traballo como solista tras o álbum Benzón, que se publicou en 2009.

    A traxectoria musical de Guadi Galego é moi intensa e rica, foi voz principal e gaiteira do grupo Berrogüetto, tamén formou parte como intérprete e compositora dos interesantes proxectos colectivos: Nordestinas, Espido e aCadaCanto.

    Guadi Galego preséntase agora cun son e unha expresión artística máis madura e tambien máis atrevida, máis melódica pero á vez, máis arriscada.

    “Lúas de outubro e agosto” contén fermosas cancións cun nexo común, a natureza das composicións, a esencia do vivido e madurado, a emoción e a intensidade, a delicadeza e o risco. Todo un exercicio de inspiración para encontrar vías non exploradas e propoñer unha música chea de sinceridade que sen dúbida vai sorprender.

    “Lúas de Outubro e agosto” gravouse en xuño de 2014 nos estudos Alis Records de Baeza coa produción musical a cargo de Pachi Alis, o mago que soubo entender a Guadi e conseguir un resultado sofisticado e sorprendente. Conta coas colaboracións de Santi Cribeiro ao acordeón e Pablo Pascual tocando clarinetes.

    “Lúas de Outubro e Agosto” preséntase nun orixinal digipack de edición limitada con faixa acuñada e libreto de 16 páxinas.

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *