Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Música e Letra : Carlos Abal
Dirección e Realización:Carlos Abal
Interpreta:Fredi Muiño.

O espazo,o paraíso da Praia de Vilarube

Guadi Galego – Mente en Branco

Dirixido e realizado por Carlos Abal Lobato.
Interpretado por Fredi Muiño.

MENTE EN BRANCO (Carlos Abal)
Hoxe quixen ver
que cos dedos o meu mundo podía mover.
Non quixera ser
pretencioso nin todopoderoso, só quería ter
un momento de lucidez contida,
atopar unha saida ás neuronas derretidas.
Só buscaba o pracer de parir un canto
un lamento, un berro, un pranto, unha pena,
un quebranto.
Penso en creación, busco nos vagóns valeiros
en cada estación.
Ter o que outro ten
nunca souben ver o que os outros ven.
Suo sangue ao tentar escribir con letras
o barullo que hai na cabeza,
mente en branco, saida e meta.
Pecho os ollos, retorzo o pensamento,
pero queda só nun intento.
Nunca souben mirar para dentro