Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

 

 

https://www.facebook.com/corunaGAM

Os Grupos de Apoio Mutuo (GAM) son a resposta que levantamos desde os barrios conscientes da Coruña para enfrontar colectivamente a crise do COVID-19.

 

Rede comunitaria da Coruña fronte o COVID19.

Os Grupos de Apoio Mutuo (GAM) son a resposta que levantamos desde os barrios conscientes da Coruña para poñernos ao lado da xente máis vulnerable, as nosas veciñas e veciños, neste momentos complicados. Unha resposta autoxestionada que busca activar a solidariedade xusto cando máis o precisamos.

Atópanos

Súmate, difunde, crea o teu GAM no teu barrio. Xuntas imos superar a crise!

Participa nos grupos de traballo temáticos que hai en marcha!

GAM BARRIOS:
INFORMACIÓN SOBOR O TRABALLO NAS VECIÑANZAS DE A CRUÑA.
PREME NA LIGAZÓM:

Queres botar unha man? Participa nos grupos de traballo que hai en marcha!

Os grupos de traballo son espazos temáticos e multidisciplinares onde persoas de diferentes barrios e perfís participan para abordar problemas concretos derivados da crise. Iremos actualizando os que se vaian creando.

Comercio local

Ante esta situación de emerxencia, temos que coidarnos mutuamente. Facer a compra nas tendas de barrio, defender os dereitos laborais dos traballadores das grandes superficies e mercar só o preciso, son algunhas accións útiles de autodefensa comunitaria

Dereito a vivenda

Grupo de traballo para abordar a emerxencia social no relativo ao dereito á vivenda e aos servizos básicos, así como no relativo á problemática do senfogarismo derivada da crise do COVID-19 na cidade.


Acompañamento emocional

Este grupo xorde para compartir instrumentos que axuden a enfrontar emocionalmente a situación que estamos atravesando pola crise do COVID-19. Unha ferramenta de apoio emocional comunitario para as nosas veciñas e veciños.

Cose na Casa

Este grupo nace co fin de detectar necesidades de mascarillas e axudar cosendo nas casas, para aqueles que as precisen para facer o seu traballo ou para persoas especialmente vulnerables.

ENTRAR NO GRUPO


Emerxencia alimentaria

Grupo de atención ás necesidades alimentarias que están xurdindo en diferentes barrios da cidade e que afectan ás nosas veciñas máis vulnerables.

Cicloloxística

Grupo de soporte loxístico para a distribución en bici (ou calquera outro medio de transporte que non deixe pegada de carbono) de mascarillas e produtos básicos para as veciñas e veciños da cidade. Queres botar un cabo? Anótate!