Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

En 2005 o director de cinema e documentalista Werner Herzog presentou “Grizzly Man”, a historia de Timothy Treadwell.

Usando imaxes gravadas polo protagonista, máis as entrevistas que Herzog fixo aos seus familiares e amigos, cóntanos as aventuras e desventuras deste pobre entolecido perseguindo un sonho absurdo: vivir cos osos de Alaska coma un máis. O remate era previsíbel, terminou devorado por un deles… e, aínda por riba, a moza tamén.

Coma viu que tal vez a cousa non era suficientemente tristura, chamou a Richard Thompson pra a banda sonora. E deu no cravo, pois o que mellor fai iste artista é ponher música aos sentimentos; e se son os dun zoado, xa nin che conto. Sempre me sorprendeu o valor descritivo da súa guitarra pra acompanhar as historias que canta.

No seu momento editouse só en CD. Unha magoa pola que adoitan pasar todas as bandas sonoras actuais. Afortunadamente o ano pasado editouse en vinilo de 180 gr. cunha nova remasterización a cargo de Bob Olhsson e Ed Pettersen, pra uso e desfutre dos fieis. Por fin conseguín a minha copia.

Foto cabeceira da man de Pepe Chas.

(Tradución ceive ao galego por Rubém Novo).