sands4

GEORGE SAND: UNHA ACHEGA DE SOQUI CEA VÁZQUEZ.

Publicado el 2 julio, 2018 | Literatura, Opinión

SANDS1

George Sand foi unha muller que se rebelou contra o seu tempo.

Soqui Cea Vázquez

1 de xullo de 1804: Nace GEORGE SAND.
Alguén dixo sobre ela: “Non é un home nin unha muller, senón un ser que pensa”.
Amandine Aurore Lucile Dupin nacía en París e, como tantas escritoras daquela época, asinaba os seus escritos cun nome de home. Do motivo de adoptar un nome masculino xa falaba Rosalía de Castro: “O homes miran ás literatas peor que mirarían ao demo”.
Cando presentou os seus escritos a un editor para escoitar a súa valoración, este respondeulle sinxelamente: “Prezada señora: Non faga libros, faga nenos”.
Dende aquel día, esta muller dedicou a súa vida a retar os costumes da súa época e amosar que as mulleres tiñan competencias para algo máis que para a maternidade. A partir de entón, Amandine tomou a decisión de vestirse como home, sempre cun cigarro na boca e respondendo ao nome de George Sand.

SANDS2 

George Sand foi o gran amor e musa de Frédéric Chopin.


George Sand foi unha muller provocadora e de enorme talento que, vestida con chisteira e levita, gozou de importantísimas amizades: O compositor Franz Liszt; o pintor Eugène Delacroix; os escritores Victor Hugo, Honoré de Balzac, Julio Verne, Alejandro Dumas ou Gustave Flaubert e ata tivo unha relación durante dez anos co músico Frèdèric Chopin.
Autora feminista que escribiu máis de 140 novelas e outras tantas pezas de teatro, novelas curtas, contos, críticas literarias e ata textos políticos.
Rosalía de Castro ten falado de George Sand en varias ocasións e soía dicir dela que era unha “novelista profunda” e un modelo vital, ideolóxico, intelectual e creativo da muller emancipada e progresista. Rosalía chegou a dicir que atopaba moitas similitudes entre o libro As Damas verdes da escritora francesa e o seu El caballero de las botas azules.
Rosalía escribía nunha carta a Murguía: “Van dicir que quixen imitala”.
Canto tiñan que aturar estas grandes mulleres!!!
Feliz día, amizades, e … lembrade que: “As decepcións non matan e as esperanzas fan vivir” (George Sand).

SANDS3

Muller forte que soubo elixir o seu destino. Foi soñadora dun mundo mellor.

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *