Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

O 21 de novembro de 1960, as autoridades alemás tras un breve control de pasaportes descobren que George Harrison, guitarrista de The Beatles ten tan só 17 anos o cal lle impedía por regras do país permanhecer nun clube nocturno pasada a media noite. Por esta violación á lei alemá é expulsado do país e ao día seguinte debeu tomar as súas maletas e marcharse de volta a Inglaterra.
George pasouse toda a última noite ensinándolle a John Lennon os seus anacos de guitarra, pra que a banda poidese seguer sen a súa presenza. Laiablemente xusto nese momento, ofrecéranlle traballo aos raparigos de Liverpool pra tocar noutro clube máis importante e de maior categoría que no cal estaban a actuar. Cousa que era importante pra a banda mais o que máis lles entusiasmaba era que nese clube, tiña un moito mellor sistema de son dispoñibel, polo cal estaban unha morea de emocionados.
Stuart Sutcliffe integrante nese momento da banda e Astrid Kirchherr, moza de Stuart acompañaron a George ata o tren pra despedilo, obsequiáronlle unhas mazás e bolachas pra a súa viaxe de volta, que resulto finalmente máis que unha longa viaxe en tren cara a Holanda, xa que logo proseguiu en barco e logo outro tren a Liverpool. Levaba un amplificador, roupa, a guitarra, tanto viaxe e gasto finalmente vírono volver ao seu fogar sen cartos, xa que llo gasto no traxecto de volta de 24 horas.
O resto da banda estaría en Hamburgo ata o 30 dese mes, onde finalmente tamén serían deportados.

TRADUCIÓN CEIVE AO GALEGO POR RUBÉM NOVO.

FOTO CABECEIRA DA MAN DE:

Radio Cassette