Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
Os “Gatos Locos” celebran o seu 40 aniversario con este recompilatorio. Un disco con algúns dos seus mellores sinxelos. Fernando Lavado e Lauren Jordan festexan catro décadas da
banda felina sobre os escenarios, e o fan en forma de antoloxía.
Cuarenta anos pasaron dende a fundación do grupo, orixinario de Cambrils, Tarragona. Corría o ano 1985 cando Fernando Lavado, cantante e líder indiscutible da banda formaría xunto a Bernardo de Haro, Jordi Llobet e Germán Charles a banda felina por excelencia. Non tardarían en asinar contrato discográfico, cando a compañía GASA (WARNER) mercoulles a maqueta que gravaran por apenas 6.000 pesetas (uns 36 euros).
Esta misma demo, con cancións como “Prende una vela por mi” ou “Laredo” editouse como Lp e sorprendentemente alcanzou as 20.000 copias vendidas. Sería o pistoletazo de saida para súa carreira.
Despois da grata acollida do seu primer disco, non tardaron en meterse no estudo de gravación baixo a produción de Carlos Segarra (“Los Rebeldes” ) para grabar “No esperes al sábado”. Dous discos máis se rexistrarían con esa mesma compañía, “Una vez más” e “Cruce de Caminos”, este último levoulles a o máis alto, alcanzando o disco de ouro e o número un das listas, coa canción “Corro hacia ti”.
Tralo grande éxito e o seu posterior contrato coa multinacional PolyGram (Universal) chegaría a época independente coa publicación do álbum “Del Amor al odio” e a esencial incorporación á banda de Lauren Jordan, era o ano 1996. Pouco despois volven a entrar no estudo para grabar “Mágico”, un disco con moi boa acollida e a súa vez un retorno as raíces, que produce o propio Lauren Jordan. Non eran bos tempos para o rock and roll, pero Fernando e Lauren perecoren de punta a punta os escenarios do País, defendendo o seu estilo rockabilly con tintes de tex-mex, country, blues… Seguironlle os discos “Al calor de las cuerdas”,
“Canciones en el bolsillo”, “En medio de ningún lugar” e o directo “Vivísimos”.
Este novo lanzamento é unha recompilación que omite seus éxitos máis coñecidos para centrarse na época independente, su paso por Al.leluia Records, TempsRecords, BC Records, etc. Discos con grandes composicións que no obtuvieron o éxito dos seus traballos máis populares, pero que porén son esenciais no seu cancionero. Por outro lado, neste traballo se reforza o tándem “Lavado-Jordan”, unha perfecta simbiose que aúna o liderazgo de Fernando Lavado, coa guitarra e a producción de Lauren Jordan.
RICKY “DOCTOR SNOB”
FOTO CABECEIRA DA MAN DOS GATOS LOCOS.