Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
Gargallada Teatro.
GARGALLADA TEATRO.BREVE HISTORIAL DO GRUPO
A
Asociación Cultural para a Promoción das Artes Escénicas “Gargallada”
 constitúese en Novembro de 2006 como unha asociación cultural sen ánimo de lucroao abeiro da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociacióne normas complementares.
No ano 2007 nace dentro da asociación o grupo de teatro afeccionado “
GargalladaTeatro
” que vai ser o eixo central ao redor do que se desenvolvan as diversas
actividades culturais.No ano 2009 o grupo entra a formar parte da Federación Galega de TeatroAfeccionado (FEGATEA).
Na actualidade, o grupo de teatro ten en cartel as seguintes obras: “
gargallada2
Cincenta: teatroon the rock
” (infantil), “
Quimera
”, “
O Anel Máxico
”, “
Estación Sombrío
” e “
Lurpias
”.
Outros
proxectos anteriores incluen: “
Os Pecados Capitais
”, “
A Abraiante Vida deBraian
”, “
A Última Cinta de Krapp
”, “
Non me chames cariño se non o sintes
” e
“Opeación Triunfo”
. En Outubro deste ano estrearon a nova comedia “
Fuga
”.
 gargallada3
Cronoloxía das montaxes teatrais producidas e levadas a escena porGargallada Teatro:
 
Marzo 2009:
Os pecados capitais
. Comedia orixinal do grupo a partir de textos deIonesco, Harold Pinter, Moliere, Manuel Caramés, Blanco Amor e Valentín Alvite.Direxxión artística de Fany Condado. Dirección de Manuel Caramés.

A PREGUIZA – Parte I – OS SETE PECADOS CAPITAIS – GARGALLADA TEATRO – ASOCIACION CULTURAL GARGALLADA – VALDEORRAS – ADAPTACIÓN DA ESCENA VII DE ” A CANTANTE CALVA ” de E. Ionesco.

A SOBERBIA – OS SETE PECADOS CAPITAIS – GARGALLADA TEATRO – ASOCIACION CULTURAL GARGALLADA – VALDEORRAS – Adaptación da peza “Disturbios na fábrica” de Harold Pinter

Os ciumes – Os celos – Un home moderno – Os sete pecados capitais.

A IRA – Parte I – OS SETE PECADOS CAPITAIS – GARGALLADA TEATRO – ASOCIACIÓN CULTURAL GARGALLADA – VALDEORRAS – ADAPTACIÓN RELATO CURTO “NA HABANA” de Valentín Alvite.

Xullo 2010:
A abraiante vida de Braian.
Adaptación teatral do guióncinematográfico A vida de Brian dos Monty Pitón. Dirección artística de FanyCondado. Dirección de Manuel Caramés.

a abraiante vida de braian – Lapidacion.mpg

Adaptación teatral pola asociación cultural Gargallada, da película dos magníficos monty python “La vida de Bryan” de 1979.

A abraiante vida de braian – ¿Que fixeron os romanos por nos?.mpg

A abraiante vida de braian- Unha barba por favor.mpg

Marzo 2011:
A última cinta de Krapp.
Versión do texto clásico de Samuel Beckett,interpretada e dirixida por Gabriel Prada.

A última cinta de Krapp Parte 1. – Krapp´s last tape

A última cinta de Krapp é un monólogo de Samuel Beckett, escrito e representado por primeira vez en 1958. Amósanos ao vello Krapp mergullando nas súas lembranzas, apuntadas nun vetusto diario e gravadas en cintas magnetofónicas. Krapp atópase con anacos do seu pasado narrados por un Krapp trinta anos máis novo, e que, con dificultade, poderían dar sentido ao seu presente orfo de esperanza. A representación, protagonizada por Gabriel Prada, transcorre nun só acto, cunha duración de 45 minutos La última cinta de Krapp es un monólogo de Samuel Beckett, escrito y representado por primeira vez en 1958. Nos muestra al viejo Krapp zambullido en sus memorias, apuntadas en un vetusto diario y grabadas en cintas magnetofónicas. Krapp se encuentra con añicos de su pasado narrados por un Krapp treinta años más nuevo, y que, con dificultad, poderían dar sentido a su presente huérfano de esperanza. La representación, protagonizada por Gabriel Prada, transcurre en un solo acto, con una duración de 45 minutos.

 
Xaneiro 2012:
Non me chames cariño se non o sintes.
Historias encadeadas deamores e desamores nas que teñen presenza ilusións, ciumes, enredos, traizóns evenganzas aderezadas con humos. Adaptación de textos de Jaime Salom e J.LAlonso de Santos. Dirección artística de Cesar Goldi. Dirección de Manuel Caramés.

Non me chames cariño se non o sintes. Gargallada Teatro

Resumo da estrea de “Non me chames cariño se non o sintes” de Manuel Caramés (adaptación de textos de J. Salom e J.L Alonso de Santos). Realizada no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras polo grupo Gargallada Teatro o venres 20 de xaneiro de 2012. Dirección: Manuel Caramés. Elenco: Reyes Limia, Eladio Santos, Mercedes Anta, Nuria Menéndez, Manuel González, José Mª Rodríguez, Francisca Fernández, Silvia Cuesta, Gabriel Prada, Manuel Caramés, Xosé Luís Conde e Aurora Fernández. Luz e son: Pablo Prada e ARTEFICCION SL. Escenografía e deseño gráfico Luis E. Rodríguez “Coquixo”.

 
Xullo 2012:
Quimera.
Unha viaxe onírica que nos achega a través da fantasía a unmundo de ilusión. Idea orixinal escrita e interpretada por Gabriel Prada baixo adirección de Paco González.
 
Agosto 2012:
Cincenta: teatro on the rock.
Adaptación e versión musical do contoclásico dos irmáns Grimm a partir dunha idea orixinal de deRisa Producciones.Música creada para este espectáculo por diversos grupos da comarca valdeorresa.Dirección de Silvia Cuesta.

Cincenta on the rock

Novembro 2013:
O Anel Máxico.
 
Peza da chamada Comedia dell’Arte. Adaptacióndo texto de Cándido Pazó “Commedia: un xoguete para Goldoni”. 

O anel máxico / Gargallada Teatro

Vídeo íntegro da estrea da obra “O anel máxico” por Gargallada Teatro no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras o día 1 de novembro de 2013. O texto é unha adaptación de “Commedia, un xoguete para Goldoni” de Cándido Pazó, o espectáculo está dirixido por Manuel Caramés e interpretado por Aurora Fernández, Reyes Limia, Gabriel Prada, Nuria Menéndez, Fran Fernández, Lalo Santos, Manuel González, Sol Iglesias e José María Rodríguez.

Gargallada Teatro.
artística a cargo de Paulo Serantes, Xavier Ramilo e Tito Asorey. Dirección deManuel Caramés.
 
Outubro 2014:
Estación Sombrío.
Creación de Gabriel Prada en homeñaxe a PacoGonzález. História que acontece nun mundo imaxinario pero que busca oachegamento ao espectador a través da nosa conciencia cultural colectiva.Dirección artística de Ana Mª Fernández. Dramaturxia e dirección de Gabriel Prada.

Estación Sombrío

Unha obra adicada o noso paisano Paco Gonzalez ,un dos grandes.artesans do clown e membro da Cia. Familie Floez un referente mundial de mascaras. Desexamos que nos acompañedes nesta pequena homenaxe o seu mundo máxico. Interpretada por Gabriel Prada.

Marzo 2015:
Lurpias.
Un espectáculo de mulleres con forza e rabudas, quepretenden facer a súa vida sen dar contas a ninguén. Texto e dirección artística deNelson Quinteiro. Dirección de Fran Fernández.

“Lurpias”

Seis cabareteiras que forman parte dunha compañía de variedades que viviu tempos mellores, seis mulleres libres que reafirman a súa condición: Aurora Fernández, Sandra Méndez, Noemi Pinto, Amparo Rodríguez, Rosa Cortiñas e Fran Fernández, danlle vida a “Lurpias” de Gargallada Teatro, con dirección artística de Nelson Quinteiro e dirección de Fran Fernández. A gravación foi realizada na estrea, que tivo lugar no Teatro Lauro Olmo do Barco o 27 de marzo de 20015.

gargallada4 
Xuño 2015:
Operación Triunfo.
O esprito de Ubu Rei nun percorrido pola políticanacional. Dramaturxia de Roi Vidal e Gargallada Teatro a partir de textos de AlfredJarry, Anxo Pérez agibay, Jaco Van dormael, Jonathan Swift, Rodrigo García, RolandTopor, Slavoj Zizek, Vicente Risco e X.L. Conde. Dirección de Roi Vidal.
gargallada5
Outubro de 2015:
Fuga.
Unha divertida comedia de Jordi Galceran na que unConselleiro, unha vendedora desesperada, un asasino a soldo, unha prostituta e unvello paralítico dan lugar a unha enleada trama cómica chea de reviravoltas queremata nun sorprendente final.
Dentro da programación de teatro afeccionado Gargallada tenparticipado nas seguintes mostras, ciclos e festivais:

FUGA.

Gargallada Teatro estreou FUGA de Jordi Galcerán o 2 de outubro de 2015 no Teatro Municipal Lauro Olmo do Barco de Valdeorras (Ourense), con dirección de Pilar Alonso e Manuel Caramés e cun elenco formado por Reyes Limia, Lalo Santos, Manuel Caramés, Aurora Fernández e Manuel González. FUGA conta a historia de Antón Pita, consellerio de Industria e Enerxía, que acaba de dimitir por un escándalo de corrupción, destapado polo xornalista por quen a súa muller decidiu deixalo. Cando está no seu chalé a piques de suicidarse chama á porta Lorena, unha desesperada vendedora ambulante que cambiará por completo a súa actitude ante a vida. As sucesivas chegadas ao chalé de Pita dunha prostituta, un asasino a soldo e máis o pai de Lorena, darán lugar a unha enleada trama cómica chea de reviravoltas que vai rematar nun sorprendente final

 gargallada6
Festival de Teatro de
Foz
 (Lugo), Xornadas de Teatro de
A Rúa
 (Ourense), Festivalde Teatro de
Salvaterra de Miño
 (Pontevedra), Xornadas Culturais do CentroPenitenciario de
Pereiro de Aguiar
 (Ourense), Mostra de Teatro Lauro Olmo de
OBarco
 (Ourense), Semana de Teatro Popular de
Sarria
 (Lugo), Encontro de Teatrode
Betanzos
 (A Coruña), Mostra de Teatro Amador Teatrofilia de
Vedra
 (A Coruña),Mostra de Teatro do Miño (
O Rosal
/Pontevedra), Mostra de Teatro Terras doOrcellón (
Carballiño
/Ourense), Encontro de Teatro de
San Andrés de Comesaña
 (Vigo), Sábados Teatrais Ateaco (
A Coruña
), Valladares Teatral (
Vigo
), OutonoTeatral de
Antas de Ulla
 (Lugo), Mostra de Teatro de
Ribadeo
 (Lugo), Domingos áEscena (Ferrol) e Mostra de Teatro de
Sada
 (A Coruña),
 
Dentro dos circuitos organizados ao abeiro da FEGATEA ten realizadorepresentacións en
Culleredo
 (A Coruña),
Lugo
,
Palas de Rei
 (Lugo),
San Andrés deComesaña
 (Vigo),
Arteixo
 (A Coruña),
Narón
 (A Coruña), Coia (Vigo),
Antas de Ulla
 (Lugo),
Vedra
 (A Coruña),
O Porriño
 (Pontevedra),
Ferrol
,
Carballiño
 e
Santiago deCompostela
.
 
Outras actuacións en
A Veiga
 (Ourense),
Castro Caldelas
 (Ourense),
Monforte deLemos
 (Lugo),
Petín
 (Ourense),
Cacabelos
 (León),
As Pontes
 (A Coruña),
Vilamartín
 (Ourense),
Puente de Domingo Florez
 (León),
Verin
 (Ourense) e
Puebla deSanabria
 (Zamora).
 3
Gargallada Teatro.
 
Gargallada Teatro foi seleccionado en tres ocasións pola Federación Galega deTeatro Afeccionado para participar no
Festival Agustín Magán
, no ano 2012 coaobra
Quimera,
no 2014 con
o Anel Máxico
e no ano 2015 con
 Estación Sombrío.
 
 
No ano 2015 foi seleccionado para participar no Festival Internacional de TeatroAmateur
Fronteirizos
, organizado polas federacións de Castilla y León, Galicia eNorte de Portugal.
 
Ao marxe da representación teatral propiamente dita, o grupo de teatro realiza asseguintes actividades:
 
Teatro á Feira
, espectáculo ideado e dirixido por Silvia Cuesta, dirixido ao públicoinfantil de 4 a 11 anos de idade e no que se achegan aos nenos e nenas diversasactividades relacionadas co mundo do teatro: maquillaxe, escenografía, baile,interpretación e caracterización.
 
 
Teatro de Escaparate,
espectáculo de rúa ideado por Luis E. Rodríguez “Coquixo” e
creado por Gargallada Teatro no que se representan escenas sen palabras de 10minutos de duración utilizando como escenario os escaparates dos comercios.
Formación e obradoiros.
 
Obradoiros:
Gargallada Teatro organiza diferentes cursos e obradoiros queposibilitan a formación de actores e actrices e contribúen á creación e posta enescea dos seus espectáculos.
Pilar Alonso
,
Fanny Condado
,
Jouse García
,
CesarGoldi
,
Tito Asorey
,
Nelson Quinteiro
,
Christian Escuredo
,
Paulo Serantes
 e
XabierRamilo
(Paso de Valverde),
Paco Merino
e
Diego Lorca
(Titzina Teatro) e
Roi Vidal
teñen contribuido de forma importante na nosa progresión artística.
 
Actualmente
Gargallada Teatro
 está integrada por: Lalo Santos, Xosé L. Conde,Silvia Cuesta, Aurora Fernández, Fran Fernández, Manuel González, SandraMéndez, Nuria Menéndez, Reyes Limia, Gabriel Prada, Jose Mª Rodríguez, SolRodríguez e Manuel Caramés.
 
Participaron tamén nos diversos espectáculos: Mercedes Anta, Amparo Fernández,Antonia González, Carmen Hernández, Jorge Moral, Anxo Perez, Noemi Pinto eRosa Rodriguez