Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

FUGA – GARGALLADA TEATRO.

Fuga é unha comedia de Jordi Galceran, autor de obras de gran éxito coma “O método Grönholm” ou “O creto”. Conta a historia de Antón Pita, un conselleiro de Industria e Enerxía que remata de dimitir por un balbordo de deturpación desfechado polo xornalista polo que a súa muller decidiu deixalo. Cando está no seu chalé a piques de suicidarse, chama á porta Lorena, unha vendedora ambulante desesperada que trocara por enteiro a súa actitude ante a vida. As sucesivas chegadas ao chalé dunha prostituta, un asasino a soldo e o pai de Lorena, darán lugar a unha trama cómica enrevesada.
O reparto inclúe Reyes Limia, Lalo Santos, Manuel Caramés, Aurora Fernández e Manuel González. Está dirixida por Pilar Alonso e Manuel González.

(Tradución ceive ao galego por Rubém Novo).

(Foto cabeceira cortesía de https://www.osil.info/)

https://gargalladateatro.wordpress.com/

 

Un desastre de función – Gargallada Teatro.

 

O anel máxico / Gargallada Teatro.

Vídeo íntegro da estrea da obra “O anel máxico” por Gargallada Teatro no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras o día 1 de novembro de 2013. O texto é unha adaptación de “Commedia, un xoguete para Goldoni” de Cándido Pazó, o espectáculo está dirixido por Manuel Caramés e interpretado por Aurora Fernández, Reyes Limia, Gabriel Prada, Nuria Menéndez, Fran Fernández, Lalo Santos, Manuel González, Sol Iglesias e José María Rodríguez.

 

O XOGO DE VERSALLES. Gargallada Teatro.

20 de xuño de 2018 O venres, 8 de xuño Gargallada Teatro estreou no Teatro Lauro Olmo do Barco “O xogo de Versalles”, unha adaptación da obra de Chema Cardeña “El idiota de Versalles” que dirixiron Tito Asorey e Manuel Caramés. En escena Reyes Limia como a Raiña Mª Teresa de Austria, Lalo Santos como Jean Baptiste Lully, Aurora Fernández como Mademoiselle de La Valière e Manuel González é Jean Baptiste Poquelín “Molière”. Sinópse: O comediógrafo Molière é reclamado polo Rei Sol para representar “Medea” nas festas de Versalles. A obediencia debida, o afán por acadar a gloria e 7.000 libras de pago, farán que se enrede nos ensaios dunha esperpéntica traxedia na que serán protagonistas a desdeñada Raíña MªTeresa e mademoiselle de La Valière, a amante do Rei. O fachendoso “signore” Lully, compositor da Corte, pretenderá dirixir o espectáculo e convertilo nunha ópera. Argucias, intrigas, trampas, segredos e loita de egos nun xogo no que ninguén quere amosar todas as súas cartas. Que clase de xogo é ese? O xogo de Versalles! O que importa é asentar ben o cú na Corte, que ninguén ocupe o teu lugar e, por riba de todo, loitar por sobrevivir.