Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

isa

(Foto cortesía de aaag.gal)

Isabel Risco

‘… Galiza é sempre un xardín donde se respiran aromas puros, frescura e poesía… E a pesar desto chega tanto a fatuidade dos iñorantes, a tanto a indina preocupación que contra a nosa terra existe, q aínda os mesmos que poideron contemprar tanta hermosura (xa non falamos dos que se bulran de nós sin que xamais nos haian visto nin aínda lonxe, que son os máis), inda os que penetraron en Galiza e gozaron das delicias que ofrece, atreveronse a decir que Galiza era… un cortello inmundo!!… I estos eran quizais fillos… daquelas terras abrasadas de onde hastra os paxariños foxen! Que diremos a esto? Nada máis sinon que taes fatuidades respecto do noso pais teñen algunha comparanza cas dos franceses ó falar das súas eternas vitorias gañadas aos españois. España nunca, nunca vos veceu, polo contrario sempre saleu vencida, derrotada, homillada; e o máis triste desto é q “val” antre eles tan infame mentira así como “val” pra seca Castilla, pra deserta Mancha e pra tódalas provincias de España – ningunha comparada en verdadeira beleza de paisaxe con Galiza – que Galiza é ricón máis despreciabel da terra. Ben din que todo neste mundo está compensado, e ven así a sofrir España dunha nación veciña que sempre a ofendeu, a misma inxusticia que ela, inda máis culpable, comete cunha provincia homillada de quen nunca se acorda, como non sea pra homillala inda máis. Moito sinto as inxusticias con que lles favoreceron os franceses, pro neste momento casi lle estou agradecida, pois que me proporciona un medio de facerlle parpabre a España a inxusticia que ela a súa vez connosco comete’. Rosalia de Castro, prólogo de Cantares Gallegos. #AbreAFiestra