Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Galegote ROCK 

SÁBADO 29 MAIO 2021.

Nesta ocasión é o turno de presentarvos as bandas que participarán no Galegote o sábado ó longo de todo o día.
Arturo Delgado e a súa guitarra acústica fan unha recopilación dos temas propios e versión cun estilo Folk-Rock taberneiro e garaxeiro.
– PEÑA supón unha revelación en termos de transcender o folkie e no que se refire a música contemporánea en galego. A pulsión subconsciente da musica popular énos representada de xeito ampliado, harmonicamente desbordante e extraordinaria.
O Cadelo Lunático aposta por unha clara declaración de intencións coa que trata de aportar música de raigame e blues en galego, con letras que reflicten o momento social que nos toca vivir nesta época, incluindo ademais poemas musicados de Celso Emilio Ferreiro.
Zeltia e Irevire é unha banda galega de Folk Tribal, onde un crisol de influencias estilísticas mistúrase cunha voz capaz de aflorar os nosos sentimentos máis ancestrais.
– LUME (Eloy Platas), recrea a tradición musical galega en pleno século XXI baixo unha ollada distinta. Dende o absoluto respeto ós orixinais pero baseándose en métodos electroacústicos, electricidade e ruido coma ferramenta de expresión contemporánea.