Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Onte, a petición de Helena, volvemos ver “Contos de nós e da xente”. Que ganas de ensinar ben a lingua fóra dos programas rotinarios nos que caeu! Prevendo o que ía pasar coa fonética, márcanse os “r” que han ser pronunciados “l”. E outras indicacións como a pronuncia da contracíón “ao” ou da conxunción “e”. Alegroume velo e déixoo aquí. Que gran lingua para unha boa pedagoxía! Mágoa do tempo perdido que xa é irrecuperable.
Xogos do pronome átono:
Danlle tamén carácter./ Tamén lle dan carácter.
Ben o vía./ Víao ben.
Pois tarde me avisas./ Pois avísasme tarde…
Tela cerca/ Tela, cerca./Cerca, tela./Cerca a tes.