Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
E vai outro conselliño para quen crea que precisa mellorar a lingua oral.
As contracións ao/aos pódense escribir ó/ós, que é como deben pronunciarse.
Ollo! Anda por aí moita pronuncia errada facendo estragos, sobre todo nas lecturas en voz alta. Ata amola o noso himno.
Se cadra este modelo axuda a escribir e ler mellor.
-Cerrar o libro/ cerra-lo libro. Cerralo.
-Axotamos os paxaros/axotámo-los paxaros. Axotámolos
-Démoslles a razón/Démoslle-la razón. Démosllela.
As dúas formas con artigo son válidas e pronúncianse igual.
O fenómeno dáse en contacto de r/s final de verbo ou pronome unido ao verbo e un artigo.
(Foto cabeceira cortesía Facebook Helena Villar Janeiro).