Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
Non hai verbas pra describir o que se viviu na Jam da A.C. República Musical Mardi Gras. Unha grande festa de camadaría e bo rolo sería coma facer a descrición dun océano chamándolle auga. O reverte e a tolemia de organizar algo cando se apontan máis de corenta persoas pra intervir nalgunha canción, o querer que ninguén quede fora e tódalas moreas de cousas que a lei de Murphy fai que se che venhan enriba a maiores neses días, fican contrapesadas cando todo flúe coma o fixo, todo o mundo sorrí coma endexamais e pásao coma se non houbese un manhá…dende os que levan centos de concertos ás súas costas, ata a nena de trece anos que se sobe ao escenario cos ollos coma pratos e un aceno de nervio contido e ledicia eterna na súa faciana. É unha sorte cadrar con xente tan marabillosa á que tanto aprezo e conhecer a nova xente marabillosa coa que vencellas ao súpeto coma por medio dunha faísca, que fai que sexas capaz de comunicarte con só unha ollada, un par de xestos e facendo vibrar os instrumentos, dese xeito máxico que só ocorre na música. A quen se quixo apontar o mesmo día do evento cando a tolemia estaba xa fechada e asinada, dicirlles que haberá máis e será tremebundo. Ao público que ficou fóra polo cheo absoluto, o mesmo… Foron todo grazas pola organización e o bo rolo e a verdade é que non puido saír mellor. Pola minha banda, comecei esgotado e case sen poder cantar por culpa do diclofenaco que me leva semanas machucando, pra rematar bailando no tema de peche cos meus tremendos companheiros de banda vase: Pablo Espido á batería e David Alvarado á guitarra e cos non menos tremendos convidados coma foron Álvaro e Dubi aos saxos e Ricky Lee Rock á guitarra pra despedir isa noite inesquecíbel. All Right Now!! Let me tell you all about it now!…Rock n Roll!!!
FRANK ASTRO E COMPANHA MATANDO AO VIVO NAS TÁBOAS DO MARDI GRAS (A CRUNHA, GALIZA).
PREME NA LIGAZON:
FOTO CABECEIRA DA MAN DE MOL.
VERBAS DE FRANK ASTRO.
E entón chámache un colega da túa vecinhanza e aparece con iste agasallazo a case tamanho natural. Moi grande o meu amigo Mol…comprometido coa igualdade e a xustiza, reivindicativo, todo corazón e así de xeneroso. ❤️
TRADUCIÓNS AO GALEGO CEIVE GUERRILLEIRO DA MAN DO RUBEM NOVO.