Ateneo Ferrolán libro Perdemos o Tren de Manuel Monge

FORO CÍVICO DE A CORUÑA: 40º aniversario da celebración o 15 de xuño de 1977 das primeiras eleccións despois da morte do ditador Francisco Franco.

Publicado el 15 junio, 2017 | Noticias, Prensa

O club de opinión Foro Cívico da Coruña organiza un debate o xoves, 15 de xuño, ás 19,30 horas na ONCE (Cantón Grande da Coruña), coincidindo co 40º aniversario da primeiras eleccións despois da morte do ditador Franco, coa participación de persoas que, daquela, encabezaron distintas candidaturas.

Xoves, 15 de xuño de 2017, ás 19,30 horas
Salón de actos da ONCE no Cantón Grande da Coruña
40º aniversario
das primeiras eleccións
despois da morte do ditador Franco
Participantes:
JOSÉ LUIS MEILÁN GIL
Cabeza de Unión de Centro Democrático (UCD)
CARLOS ETCHEVERRÍA
Cabeza do Partido Socialista Popular (PSP)
ELVIRA SOUTO PRESEDO
Cabeza da candidatura do
Bloque Nacional Popular Galego (UPG-ANPG)
FERNANDO GARCÍA AGUDÍN
Cabeza da candidatura da
Federación da Democracia Cristiá-Democracia Galega

Presentación:
MANUEL MONGE GONZÁLEZ
Secretario do Foro Cívico.
Encabezou tamén nesas eleccións a candidatura
da Agrupación Electoral de Traballadores-ORT

O 15 de xuño de 2017 cúmprese o 40º aniversario
da celebración o 15 de xuño de 1977 das primeiras
eleccións despois da morte do ditador Francisco
Franco. Era un mércores, había gañas de participar
en política despois dunha “longa noite de pedra” e
a media da participación en todo o Estado foi dun
78,89%, aínda que en Ourense só votaron o 47%.
Querían unha continuidade do Réxime despois da
morte de Franco, mais en 1974 fracasaba o lavado
de cara da ditadura, que pretendían facer co chamado
“Espírito do 12 de febreiro” do presidente Arias
Navarro. A unificación da oposición (Xunta Democrática,
Plataforma de Converxencia Democrática e
Asemblea de Cataluña) na Coordinación Democrática,
que se constitúe o 26 de marzo de 1976, e as
mobilizacións cívicas forzaban a Arias Navarro a presentar
a súa dimisión o 1 de xullo de 1976 e abrían
a porta á amnistía e a unhas eleccións democráticas
que convocaría o goberno de Adolfo Suárez.
Non houbo igualdade para todos; a legalización de
todos os partidos políticos era unha esixencia asumida
por toda a oposición, pero algúns non puideron
presentarse a estas primeiras eleccións coas
súas siglas.
Cómpre a celebración deste acto do Foro Cívico non
só para lembrar esta data histórica, senón para facer
un balance destes 40 anos. Unha primeira reflexión
é que aquelas eleccións non foron un “regaliño” de
ninguén, senón unha conquista, resultado dunha
loita das forzas democráticas contra unha ditadura
que hoxe aínda é denunciada pola xustiza universal
polos seus crimes contra a humanidade. Sirva
tamén, xa que logo, este acto como homenaxe a
todas aquelas persoas que deron o mellor de si, incluso
a vida, para que hoxe poidamos disfrutar de
democracia e liberdade.
Está rematada a Transición da ditadura á democracia?
Hai quen fala da necesidade dunha segunda Transición
e algúns historiadores de prestixio, coordinados
por Julián Casanova, catedrático da universidade
de Zaragoza, presentaban un libro en 2015,
que titulaban “40 anos con Franco”, que pode incluír
esta mensaxe: aínda quedan restos do franquismo
nas institucións do Estado.
Temos hoxe unha democracia de calidade como a
que aspirábamos en 1977? Pronunciouse xa a cidadanía
sobre a forma de Estado, é dicir, Monarquía
ou República? Está resolto o problema do encaixe
dentro do Estado das distintas nacionalidades ou
nacións e rexións? O dereito á vivenda, a un traballo
digno, a separación de Igrexa e Estado, etc. están
recollidos na Constitución, pero están vixentes na
práctica?
O club de opinión Foro Civico abre as súas portas,
novamente, como “tribuna de opinión pública, baseada
no contraste e no diálogo”, como recolle o
noso manifesto de creación de 1992.

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *