Finou o mestre. Medre a palabra de Bernardino Graña! Medre o Mar !
No ano 2012, con impulso da “Asociación de escritoras e escritores en lingua galega” e de “In Nave Civitas”, fixémoslle unha festa-homenaxe na Coruña ao gran poeta de Cangas. Entre os organizadores Xacobe Meléndrez Fassbender, que acaba de editar un libro fermosísimo, “Berros no roncar das ondas”, con poemas de Bernardino ilustrados coas súas fotografías. Ese día o título dun deses poemas converteuse en berro-manifesto que dende entón sempre nos acompaña:
Medre o Mar !
Mañá domingo, ás doce, na praia de Santo Amaro volveremos recitar estes versos:
Foto Bernardino Graña da man de José Antom González Maceiras