Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

23 de febreiro de 2023.
Hoxe é un día triste. Faleceu hai unhas horas o noso socio Dani Fiaño, que ademáis foi tamén un dos fundadores da Asociación Sons de Breogán que apoiaba a música galega e organizaba concertos e outras actividades. Tamén foi o creador da páxina web da República. Se coñecías a Dani, a súa familia infórmanos de que estará en Servisa na sala 07 todo o día de hoxe.
Enviamos forte aperta a toda a xente que quere a Dani. Moito mérito todo o que facía. Ímoste botar de menos, compañeiro!
(Dani aparece no centro da imaxe, abaixo, na cadeira motorizada coa que viña a moitos concertos).
Hoxe quero facer unha homenaxe a unha persoa loitadora, que deixounos ai 2 días.
Quero darlle as grazas a Laura a súa asistente e a familia por permitirme partillar esta foto.
Se non sabedes quen era, decirvos que se chamaba Dani Fiaño e era a mente que impulsaba o proxecto Sons de Breogán
Tiven a sorte de poder traballar con el e ben seguro k todas as k o fixemos podemos decir o mesmo.Quería impulsar a cultura e música galega, e nesto sempre nos atopamos agusto.
O COVID levouno, mais quero darlle o meu derradeiro saúdo a este compañeiro loitador que sempre foi un referente de afouteza frente a adversidade.
Apertas Dani, e saúdos a familia.