O festival en liña no que participan músicos da escena viguesa e estudantes do colexio Allegro.
Celebrarase o domingo 4 de xullo ás 20:30 a través de YouTube.
Ante as limitacións que supón a pandemia, as escolas de artes escénicas atopáronse nos últimos dous anos con moitas dificultades pra celebrar a súa gran festa de fin de curso. A imposibilidade de celebrar eventos en espazos pechados ou os constantes trocos nas restricións imposibilita a organización dun festival con suficiente antelación que require moito ensaio, planificación e a participación de ducias de estudantes de todalas idades.
A equipa docente do Centro de Ensino Musical Allegro formase por músicos mergullados en proxectos escénicos, discográficos e audiovisuais de relevancia nacional e internacional que tiveron que adaptarse nas súas outras facetas profesionais ás novas circunstancias. Grazas a esta nova aprendizaxe e ao entusiasmo que transmiten aos seus alumnos, puideron converter a escola nun pequeno estudo de gravación de audio e vídeo e, combinándoo co curso habitual, gravaron un conxunto de pezas que se emitirán por primeira vez hora do domingo 4 de xullo ás 20:30 horas a través da súa canle de YouTube (Allegro Música Vigo).
O repertorio engadira, amáis de temas de The Beatles, Blondie ou Antonio Flores, unha colaboura con Antonio López, cantante da banda viguesa The Soul Jacket, que lanzou o seu quinto disco este ano e que xa comezou a súa xira de presentación por toda España. De remate, ollaremos unha interpretación dos profesores, entre os que se atopan Lara Rodríguez (membro de The Broken Peach, con máis de 100.000 seguidores e millóns de reproducións de todo o mundo en YouTube), Guillermo Gagliardi (guitarrista de The Soul Jacket e Libertango ), Cibrán Rey (membro da banda de rock alternativo Cró!, Que tamén publicará o seu quinto disco a finais deste ano) ou Adrián Rivas (que na actialidade está a producir unha gravación de estudo con Pablo Milanés).