Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Son filla de emigrante, e neta, e sobriña, e prima, e amiga de emigrantes.
Meu pai marchou a Alemaña. E con 35 anos converteuse nun ‘gastarbeiter’ merecente dunha breve necrolóxica na prensa local de Rheinhausen e dun féretro de zinc no que voltou embalsamado.
O enloitado séquito de recepción na aldea de Avia foi un espectáculo demoledor. Non houbo aclamación servil só solidariedade fraterna.
Seus dous irmáns emigraron a Arxentina e decidiron reconstruir as súas vidas. Alí quedaron soterrados. Non houbo bandeirolas.
Seu pai, meu avó, figura no mesmo guión. Morreu e foi enterrado en Bos Aires.
Non dispuñan de avión particular.
Meu avó materno, miña tía, miña avoa, si voltaron de Cuba e non tiveron comitiva de recepción nin patrón de barco que os convidase a navegar polo encoro de Castrelo de Miño.
A quen se lle ocorre comparar!
A dignidade non é natureza común, debe de ser algo así como sinónimo de orgullo. Orgullo de Nós!
Mecaghon o tío de dios 😡 , isto é un INSULTO pra @s Galeg@s que tiveron que EMIGRAR porque na Galiza morríase de fame , no meu caso un dos meus avós
(José Cobelo , de san Sadurniño) morreu afogado no 1.929 nunha escafandra nun dos peiraos de Cuba e deixou orfa a miña nai con tres anos , NOXO o deste impresentable PPresentador 😡👹
!! monarquía FÓRA da GALIZA !!