Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

O Felipop é o festival que leva organizando a Asociación Cultural Felicia de xeito ininterrompido desde 1998.

FELIPOP 2017 – Edición XIX
Parque da Hortiña – Limodre (Fene) A Coruña

—– 21 de Xullo —–
21:30h: BIFANNAH (Galicia)
https://bifannah.bandcamp.com/releases
22:30h: FOGBOUND (Galicia)
https://soundcloud.com/fogboundofficial
23:45h: SALTO (Madrid)
https://www.youtube.com/watch?v=pteAGj0m91M
01:00h DAVID HOOPER & RESURRECTED SOUL (USA)
https://the-silverbacks-soul.bandcamp.com/album/its-my-turn

—– 22 de Xullo —–
13:00h Sesión Vermú MALDITOS BASTARDOS (Galicia)

21:30h: ESPIÑO (Galicia)
https://espinho.bandcamp.com/releases
22:30h: LOS ESTANQUES (Cantabria)
https://www.youtube.com/watch?v=O5GPlDtZliw
23:45h: ZODIACS (País Vasco)
https://www.youtube.com/watch?v=dQsgdhXkgEI
01:00h: BUGUIBÚN (Madrid)
https://buguibun.bandcamp.com/album/tsunami-adolescente

Entrada única para os dous días: 15 euros (10 euros entre as 20:30 e 21:30)

http://felipop.blogspot.com.es/

A XIX edición do Felipop celebrarase este ano o venres 21 e o sábado 22 de xullo no parque da Hortiña a partir das 21.30 horas con entradas a prezo único de 15 euros, que serán 10 euros se son retiradas entre as 20.30 e as 21.30 horas. O cartel volve amosar que a calidade e variedade camiñan da man das apostas por bandas diferentes.

O venres 21 abrirán BIFFANAH, un cuarteto galego que canta en portugués e trata de recuperar o tropicalismo brasileiro dos 60 sen que falte o fuzz. Sen saír de Galicia, segue FOGBOUND, un cuarteto que se move na psicodelia clásica e presentará o seu primeiro traballo grande “Emotional Blackmail”. Os madrileños SALTO, liderados por Germán Salto, amosan que se pode asimilar o rock americano máis luminoso dos 70 (Neil Young, Gene Clark, Big Star) aportando unha calidez propia. E a noite remata co soul de DAVID HOOPER & RESURRECTED SOUL. O norteamericano asentado en Murcia presenta o seu disco “It´s my turn” acompañado dunha banda de luxo que amosa a vixencia dos medios tempos de Otis Redding e dos tempos enteiros de James Brown.

O sábado 22 abrirá ESPIÑO. O vello coñecido do festival Alfonso Espiño presenta o seu novo proxecto cantando en galego onde non faltan ecos do pop español dos 60. O quinteto cántabro LOS ESTANQUES, liderado por Íñigo Breguel, presenta o seu primeiro traballo “Contiene Percal”, unha insólita mostra de pop psicodélico cantado en castelán. Desde o País Vasco repite o trío de power pop ZODIACS, amosando a intensidade da súa proposta, e para pechar un novo estilo no Felipop: o glam. Os seus responsables serán os madrileños BUGUIBÚN, que entre fulares e botas de plataforma presentarán o manifesto “Tsunami adolescente” onde non faltan homenaxes a Sweet.

Como cada ano haberá camping gratuíto para os asistentes e sesións after hours abertas unha vez rematados os concertos.

http://felipop.blogspot.com.es/