Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

FELIPOP

Tal e como sucedeu cos dezanove carteis anteriores, o programa do Felicia Pop Festival 2018 sae tarde, e arrastro. Aínda que segundo a miña humilde opinión non do todo mal. Este ano dará para moito; destacando a calidade dos conxuntos e, sobre todo, a variedade dos artistas invitados.
Os rapaces de Felicia están moi satisfeitos co plantel e están verdaderamente orgullosos de poder gozar de grupazos como Mujeres, Bonzos ou os rapaces de Aula 11 que, sen dúbida, darán moito que falar.
Que participen no Festival uns clásicos do pop como The Primitives é un fito como para estar contando horas, minutos e segundos ata que chegue o momento.
Ademais o Felicia Pop Festival contará co bo facer e a calidade artística de Bang 74 e Jamie Fifthring cos seus Coffe Breakers.
Para rematar e non por iso menos importante, é a participación dos Retrovisores; enerxía, simpatía e divertimento ao servizo dun público que os apreciará e gozará como en ningún outro lugar, xa que os asistentes ao Felicia Pop Festival son xente “especial” entregada a un Festival diferente.
E desexan que o cartel vos guste tanto como a eles.Un forte abrazo a todos os grupos participantes e un recoñecemento ao esforzo realizado para poder estar en Limodre os días 12 e 13 de outubro, sen a súa predisposición o Felicia Pop Festival 2018 non sería posible.

Alonso Macpetecam