Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

GRAZAS POR VIR E LER:

Son Fátima, amago de poeta e pandereteira.
Sempre en contra das inxustizas.

https://www.facebook.com/fatichascarraschas

https://escribooquemepeta.wordpress.com/

Nas ligazóms máis da obra de Fátima Fernández García (Chascarraschás) 💙

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

SONETO DE AGULLAS 🧵
———————————
Unímonos por un fío vermello
pensando que non rompía,
por moito que mire de esguello,
xa non nos temos en compañía.
————————————-
A soidade é a miña sombra,
ti sempre estás acompañado,
choro enriba da alfombra,
por xa non ser ao meu lado.
———————————
Son eu toda un remendo
e o meu corazón un dedal,
ata que sequen, as penas ó tendal.
—————————————-
Teño que fortalecerme,
que os fíos queden no costureiro,
vou ir ceibe polo mundo enteiro.
—————————————
Fátima Fernández García (Chascarraschás) 💙

Quen son eu?

Boas a todxs, o meu nome é Fátima, e nacín no verán de mil novencentos noventa e oito, un tres de xullo para ser exacta.

Dende ben miúda gustábame escribir e aínda que non tiñan moito xeito eu facía poemas e contos que, despois serían pegados cun imán á neveira da cociña, miña nai dime que lía moito, moitísimo, encantábame; agora deixeino moito de lado, e quizáis perdín esa afición que pronto, espero, recuperarei. Describía todo moito nas miñas pequerrechas composicións, quería que as persoas visen a/os nenxs que eu inventaba, pois iso era o que me gustaba a min ao ler. Era feliz escribindo, aínda que non tivese sentido, e agora mesmo, con dezasete anos, podo dicir que tampouco escribo con xeito, mais faime feliz escupir verbas a calquer recuncho.

A música é a miña sangue, con cinco anos animeime a aprender tocar a pandeireta e así empecei. Ese instrumento deume o empurro a logo despois empezar coa gaita galega e guitarra clásica.

Crieime falando galego, e seguro que é por iso, que soamente me gusta escribir nesa lingua, cada verba, sílaba e oración se me fai máis fermosa na miña lingua materna.

Rexeito o café, cargado e sen cargar. Son rapaza de té, sempre té, de aquí para alá.

Son demasiado nerviosa, nervios que me costa moito controlar, por moi concienciada que estou de que non me fan nada ben telos comigo.

Son fugaz, alegre, sensible, cariñosa, amante das apertas, ‘odiante’ das despedidas e deses nós na gorxa que me impiden falar cando máis o necesito.

Son alguén e ninguén.

Son eu, peculiarmente e estúpidamente eu, cos meus defectos e virtudes.

Son eu, vomitadora de versos e verbas sen xeito, de sangue de compases, son eu….encantada….de que me leades, encantada…de tervos que ‘vomitar’ co que para min, é arte. Arte sen medrar.

Pero eu, non teño presa.